Se muestran los artículos pertenecientes al tema Tecnoloxia.

QUERO DESFACERME DEL...

Instalei a última versión de Windows Live Mail, e non sei que se me pasou por alto, que tamén se me instalou o Windows Live Mail. Moi bonito o diseño si, pero a min non  me interesa. Alquen sabe como desinstalalo??????

Ca versión anterior do MSN pasoume o mesmo, pero conseguin desfacerme del, e cando pinchaba no icono do correo na ventá do MSN abriaseme o explorador predeterminado de internet (non lembro se era Explorer ou Firefox...) ca paxina correspondiente do Mail de Hotmail. Ben, pois quero volver o mesmo, pero sen cargarme nada. Alguen sabe como? Non me digades que o faga dende o Panel de Control, que xa o intentei...

31/03/2009 12:24 Autor: Meris. enlace. Tema: Tecnoloxia Hay 2 comentarios.

SORPRENDENTE

A hora de facer deportes individuais creo que todos nos queixamos de que é moi aburrido. Entón a opción que nos queda é levar con nos un reproductor de mp3 para ir escoitando música. Se facedes coma min e vos gusta nadar, a mellor opción  seria a que puxen un par de post mais abaixo (auriculares inalambricos con Bluetooh). Se o que facedes e correr, camiñar ou bicicleta, está moi claro que podemos levar calquer reproductor no bolsillo. Como o meu chandal non ten bolsillos e nas elípticas ou bicis estáticas non hai un lugar para pousar nada (so unha botella de auga) estaba buscando un brazalete para o iPod nano e atopei este kit deportivo de Nike

Consiste en unhas zapatillas Nike+ , un emisor e un receptor. Poñemos a plaquiña emisora debaixo da plantilla das zapatillas (non valen unhas calquera, as Nike+ xa teñen o sitio) e conectamos o receptor o apatato. Cando comezamos o noso entrenamento, o emisor manda a información da distancia, tempo, velocidade e calorias que consumimos. Si queremos incluso nos pode avisar por voz.  Ten un custo de 30€ aprox e as zapatillas aparte,claro. Os recambios vendenos soltos e custan 20€.

Eu de momento vou ver si atopo un  brazalete asequible.

12/03/2009 13:30 Autor: Meris. enlace. Tema: Tecnoloxia No hay comentarios. Comentar.

CO PETO BALEIRO

20090306191807-tomtomxl-1.jpg

A semana pasada por fin levei todas as moedas que tiña aforradas ó banco para cambialas por billetes. Do resultado de que o meu peto quedase baleiro, saeu esta cousiña.

Ala! que bonito! pois si. Bonito si, e pantalla grande tamén, pero nada mais. Ten un montón de opcións. Moitas que nin sequera sei para que serven. Pero claro, as mais funcionais hai que pagalas. Por exempo a actualización dos mapas que espero que minime me bote unha man... Tamen traza rutas alternativas en función dos atascos, pero hai que mercar unha anteniña...

Non todo son inconvenientes. Unha vez rexistrados na web de TomTom e instalado o software podemos baixar tonterias como voces ou sons de aviso, ou cousas mais prácticas como os puntos de interese (puntos negros, estacions de servicio, radares...) Tamén podemos correxir os mapas nos mesmos e, como bos cidadáns, compartilos cos demais usuarios reciprocamente. Se hai obras, se está a rua cortada...

Xa vos direi dentro de unha temporada se vale a pena ou mellor seguir cos mapas de carreteras de toda a vida, que a min sempre me levaron a onde queria chegar...

06/03/2009 17:09 Autor: Meris. enlace. Tema: Tecnoloxia Hay 1 comentario.

OVOS SUPERSONICOS???

Esta imaxe que vedes aqui, e que semella uns ovos de galiña-robot, non son tal cousa. Son uns auriculares inalambricos pensados para escoitar música na auga. Ainda lles faltan alguns detalles, para comercializar. A idea principal é moi atractiva. Funcionan con unha conexión Bluetooh ou WiiFi. Alguns inconvintes serian por exemplo, que non hai maneira de regular o volume, nin poderias cambiar de canción, xa que o aparato emisor estaria fora da auga. Para facer estas cousas xa inventaron outro tipo de auriculares so que para usar estos últimos haberia que mercar un mp3 resistente a auga ou unha boa funda protectora.

Calquera das opcións me parece unha boa idea, sobretodo tendo en conta o aburrido que é nadar. Como xa sabedes, o aburrimento foi un dos motivos polos que me apuntei ó cursiño de natación e o de aquagym, que resulta mais dinámico. Ata o de agora na maioria dos deportes individuais podias escoitar música excepto nos de auga. Pois parece que vai cambiando a cousa. Como creo que de momento ainda non están a venda, comezarei a aforrar a ver se para aquela teño suficiente para permitirme o capricho.

23/02/2009 11:09 Autor: Meris. enlace. Tema: Tecnoloxia No hay comentarios. Comentar.

VALE 0.10€

20090210111831-dsc04263.jpg

Non sei se a algun dos meus lectores lles pasou esto algunha vez. A min non me pasara nin sabia de ninguen, e fixome gracia.

Situación: Parking de A. Central. Despois de comer, dispoñome a sacar o coche do parking para volver a traballar. Meto a tarxeta na máquina e dime o importe. 2.85€. Como non teño solto, saco un billete de 5€ todo arrugado, e metoo na rendixa. Na pantalla pon que a miña devolución corresponden 2.15€. Ata aqui todo normal. O raro ven cando me solta unha moeda de 2€, outra de 5 cts e un papeliño. O papeliño correspondese ó da foto de arriba.

Imaxinadesvos a miña cara de incredulidade e a do meu compañeiro, que pagou xusto antes ca min e non tivo problema ningun...

Resultoume gracioso, porque seguro que se a proxima vez me faltan 0.10€ para pagar e lle meto o papeliño, a máquina non me vai facer caso. Supoño que teria que ir a canxealo na cabina donde están os vixiantes. Pero claro, so faltaria que chegase alí e houbera mais xente no meu caso. Teria que esperar cola, co risco de que pasasen os 12-15 min de prazo que dan para retirar o vehiculo; ca consecuencia de que teria que volver pagar outra vez...

 

10/02/2009 11:22 Autor: Meris. enlace. Tema: Tecnoloxia Hay 1 comentario.

REGALAZO ADIANTADO

A que é bonita? Pois é o meu regalo de cumpreanos (por adiantado).

Despois de mais ou menos 18 anos, a miña vella Telefunken de 14" apagouse para sempre o sabado pasado. O certo e que levabamos moitos anos de convivencia, e ainda conservaba o primeiro mando a distancia...Non tiña euroconector nin teletexto, nin luxo ningún, e dimos mil voltas para conectar a TDT, pero sin ter en conta estas cousas, eu tiñalle certo cariño.

Agora sustituea esta maravillosa Philips de 22" que promete ser unha maravilla:

  • Pantalla panorámica
  • Pantalla recuberta antirreflexante
  • Nivelador automático de volume, Incredible Surround, Control intelixente da son
  • EPG agora e seguinte, Guía electrónica de programación de 8 días
  • 4:3,14:9, 16:9, Zoom de subtítulos, Super zoom, Pantalla panorámica
  • TDT
  • Entrada PC VGA,entradas HDMI para conexión de alta definición dixital con un so cable

E moitas cousas mais que ainda non sei para que serven. A ver se me dura outros 18 anos!

27/01/2009 11:56 Autor: Meris. enlace. Tema: Tecnoloxia Hay 3 comentarios.

ACABARONSE OS Cd's

20081219095208-itrip.jpg

Sen cerciorarme ainda se cobrei o diñeiro das enquisas ou non, e como lle tiña moitas ganas, pois merqueino. Non me acordaba moi ben do que custaba, pero leveime unha grata sorpresa, xa que vale como 3 ou 4 Cd’s de música orixinais. Con todos os orixinais que teño, a saber cantos aparatiños de estos podia ter xa! O certo é que fai uns anos, antes de todo o rebumbio da SGAE mercaba bastantes discos orixinais. Agora non, pareceme un pouco abusivo o tema. Non me vou adentrar, porque me enfado.

Este emisor de FM, para os que non estedes familiarizados co tema, é moi facil de usar. Só necesitamos conectalo a calquera modelo de iPod e darlle a play. Buscar unha emisora na radio onde non sone nada e sintonizar o iTrip na mesma emisora. Ten un pequeniño inconvinte: que se vas facer unha viaxe larga as cadeas de radio van cambiando de emisora, co cal, hai que volver a buscar outra vacia....

19/12/2008 10:31 Autor: Meris. enlace. Tema: Tecnoloxia Hay 2 comentarios.

CUAN RÁPIDOS SODES?

45 palabras

Speedtest

Eu saquei 45 palabras ben e unha mal, que viñan sendo 266 caracteres por minuto.

O que fai esto de falar polo msn eh! Lengua fuera

Xa me diredes cantas conseguides vos. Podedes probar en outros idiomas.

30/10/2008 11:44 Autor: Meris. enlace. Tema: Tecnoloxia Hay 3 comentarios.

MI TESOROOOOO...

20081009161308-movil.jpg

Non fai moito puxen un post sobre tres moviles que tiña en mente.

Pois xa me decidín, como podedes ver na foto. Por qué escollín o 6210 Navigator? Descartando xa o E65 tiña a dubida entre o N81 e o que escollín. Diferencias entre un e outro? O N81 ten wifi e o meu non, pero ten GPS. O N81 ten 2 Mp de cámara e o 6210 ten 3’2. E ademais o N81 é lixeiramente mais grande e pesado que o que merquei.

Despois probando na casa descubrin un montón de opcións, configuracións, aplicacións etc, etc que me van ter entretenida por unha longa tempada. Menos mal que non ten wifi, se non iba ser xa moito vicio.

09/10/2008 16:14 Autor: Meris. enlace. Tema: Tecnoloxia Hay 3 comentarios.

INDECISION

20080916003520-moviles.jpg

Resulta que a semana pasada me chegou un sms de Vodafone ofrecendome un desconto de 50€ en varios telefonos. Como o meu lle queda un mes escaso de garantia e xa tiña pensado cambialo, pois estiven mirando. Estos son os que mais me gustan. Como vedes hai moitas "diferencias" entre eles. Como que os tres son da mesma marca (declarome fiel, por moitos vaciles que me caigan) De tapa deslizante, mais ou menos das mesmas dimensions e con caracteristicas similares. A unica diferencia notable e que o primeiro me sae 30€ mais barato que os outros dous, pero ten o inconveniente de que non ten flash... Precisamente ese gustame dende que saleu, fai un ano mais ou menos. Pero despois de consultalo con un informatico que ten un e decirme que non é para tanto, pois como que xa non estou tan convencida.

Se tedes algún destes, ou coñecedes a alguen que o teña, agradecese a opinión.

Tamen estivera mirando para cambiarme a orange, pero total so teñen o E65 10€ mais barato. Pensando ben, creo que me quedo en Vodafone cambiando de tarifa, e así manteño os números Qtal. Non sei eu se me compensará moito, porque as rapazas cas que mais tempo largo son de outras compañias...

Teño un mes para decidirme, que despois acabase a oferta. Mantereivos informad@s.Guiño

16/09/2008 00:21 Autor: Meris. enlace. Tema: Tecnoloxia Hay 4 comentarios.

COIDADO CON BUSH

Asi estivo o meu portatil onte. Bueno, non foi tan grave, so tiña un. Espero que ninguen o collese por culpa miña.

O tema é que estaba falando polo msn con unha colega e apareceume unha mensaxe q poñia:

-hey

-mira esta animación de bush

- (link q non lembro)

Que fago:  pinchar e descargar e... nada, non pasou nada.

Ata que volvin a iniciar o messenger e entón era eu quen mandaba os mensaxes, pero sen link, co cal creo que non infectei a ninguen.

De todas formas que sepades que é un pouco jodón. Tiven que darlle moooooooooitas voltas antes de eliminalo, baixandome varios AntiSpywere, reiniciando a proba de fallos, desabilitando algunha función de restauración do sistema. Menos mal que apareceu SuperPiki e me recomendou un bo antivirus, porque nin o Kaspersy nin o Panda conseguian facer nada. O que me funcionou foi o  AVAST! Se tedes algun problema, xa sabedes. Buscando en foros vin que este virus xa ten orixe do ano pasado, e creo que está controlado,  pero de todas formas cuidadin!

 

11/09/2008 18:49 Autor: Meris. enlace. Tema: Tecnoloxia Hay 4 comentarios.

QUERO UN!!!

Os que me coñecedes un pouco xa sabredes que me gusta conducir. (Ainda que sona a anuncio, non, non teño un BMW). Menos mal que me gusta, porque os 80 km que me fago diarios podrian ser unha tortura. Tampouco me importa coller o coche para ir a donde sexa. Pois ben, por este último motivo tiña ganas de un GPS, ainda que ata o de agora sempre cheguei o meu destino sen problemas, nunca está de mais. En realidade queria un TOMTOM pero atopei este mais simpatico:

En este caso, ten luces como as de KITT e a voz é a mesma que a do Coche Fantastico. Xa debe molar eso de encendelo e que diga: Hola Michael, a donde quieres que te lleve hoy?

So faltaba que conducise por nos, como o que levaba Michael Knight.

En fin, que o podedes ver na web de NextAutos ou en NPC

21/08/2008 11:38 Autor: Meris. enlace. Tema: Tecnoloxia Hay 2 comentarios.

ARQUITECTURA

Hoxe levanteime con esta noticia. Xa sabedes o meu peculiar interese polo tema da arquitectura... Pois o arquitecto italiano David Fisher está construindo dous edificios xiratorios. Como podedes ver no video, cada un dos pisos pode estar orientado cara onde os seus habitantes queiran.

Esta noticia coincide co aniversario do nacemento de Gaudí, que tamén era unha das mentes previlexiadas para a sua época. Os que coñezades a sua obra estaredes de acordo conmigo... Aqui vos deixo unhas fotos de dous dos seus edificios de Barcelona. O primeiro a Pedrera ou casa Milá, impresionante por dentro e por fora, dende o primeiro piso ata os tellados; e o segundo a Sagrada Familia, (ainda sen rematar) visita obrigada da cidade, e que pode deixar sen palabras a calquera que pase por diante, ou entre e suba as torres.

25/06/2008 11:05 Autor: Meris. enlace. Tema: Tecnoloxia Hay 1 comentario.

EVOLUCION CONSOLAS PORTATILES

Esta vez tocalles as consolas portatiles. Eu quedeime na do 96, a partires de ahi habia que estudiar... (Esa é a excusa, claro)

Menos mal que non me viciei a estas cousas, que se non estaria mais miope ainda...

15/04/2008 20:16 Autor: Meris. enlace. Tema: Tecnoloxia Hay 4 comentarios.

MAC EVOLUTION

Para os fanaticos da famosa marca da maza mordida, podedes ver a evolución nesta imaxe (ver imagen co botón dereito do rato).

A verdade e que agora teñen un diseño que impresiona, pero hai que ver como empezaron...

Eu sigo co meu Vaio, xa que non me chega o sueldo para mercar un destes, e que me siga durando o iPod Nano que de momento tampouco me da para o iPod Touch.

11/04/2008 12:39 Autor: Meris. enlace. Tema: Tecnoloxia Hay 2 comentarios.

CRISIS DO PETROLEO

Como levamos unha temporada de subida de carburantes deberiamos buscarlle unha solución. Nesta web atopei unha posible e dende logo moi economica/ecoloxica.

Eso si, nada de levar presas.

02/04/2008 13:54 Autor: Meris. enlace. Tema: Tecnoloxia Hay 2 comentarios.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.