Se muestran los artículos pertenecientes al tema Santiago.
PARA TODO HAI UNHA PRIMEIRA VEZ...

A maioria de vos xa sabedes que o meu forte non é a cociña, pero menos ainda cociñar doces no forno. Eso sin contar que prefiro cociñar cousas saladas antes que as doces. Sacando os postres Royal (preferiblemente tarta de queixo ou flan, que probei a facer mais que me sairon ben, pero o meu paladar prefiere os clasicos) non se me ocurre meterme na cociña a facer ningun tipo de tarta ou biscoito. Pois aqui tedes a miña primeira experiencia. Ca axuda de miña nai, claro que se lle da o forno mellor que a min. O venres decidinme a probar ese mundiño facendo unha tarta de queixo para a cea que nos preparou Rebeca. Pero creo que ainda que a presentación non foi mala de todo, tardarei en volver experimentar...
PENSANDO EN POSITIVO
Non este exactamente, pero un parecido foi o que vin hoxe as 8.30 cando entraba en Santiago.

Non lle saquei foto, porque iba conducindo (saindo da autopista) e ademais tampouco sei ata que punto a miña camara pode recoller estos efectos opticos.
Din que o final de cada un de estos hai un cofre cheo de moedas de ouro... Non se me deu por ir mirar onde acababa, pero si me saiu un sorriso. Gustoume porque é o primeiro que vexo dende que acabou o verán e fíxome pensar en positivo, pese que nada mais chegar a traballar non habia luz e non se podia facer nada... É o que teñen as reformas...
ABANDONO??

Recoñecedes este lugar?
É unha foto tomada nunha rua de Santiago, e correspondese a parte de atras de un edificio (quizais o segundo mais visitado da cidade, despois da Catedral,claro) situado moi cerquiña da zona vella. Supoñiase que ian facer unha urbanización de pisos de luxo, que efectivamente xa estan habitados. Pero concretamente esta parte ainda esta mais ou menos como fai case unha década, cando cerraron o edificio. Deciase por ahí que se rehabilitaria como Centro de Dia pero polo momento as gruas estan diante, pero eu avance, non vexo ningun.
Comentabamos que estaria ben entrar, para ver como estan as cousas por dentro, pero non vimos oco para colarnos. Ainda que entrando de noite seguro que atopamos algun espiritu...
UNHAS RISAS

Noite de humor a de onte. Boteime unhas risas con Rober Bodegas no Teatro Principal. Para os que non o coñezades, decir que é un rapaz de Carballo que gañou o programa da TVE El Rey de la Comedia. Se queredes saber mais deste personaxe, podedes pinchar nos links anteriores.
POLA MAÑAN

Todos os dias polas mañans o mesmo recorrido, á mesma hora, pola mesma carretera e ca mesma paisaxe.
Entrando en Santiago.
Polo menos dentro do coche non me mollo nin paso frio...
















