Se muestran los artículos pertenecientes al tema Polo mundo.
VIAXE DE VOLTA
Domingo, dia de regreso a casiña. A ida pasaramos por S. Vicente de la Barquera (si, o pueblo de Bustamante) entón pensamos que era unha boa idea parar a comer o dia de regreso. Xa que facia bo tempo, fixemos algo de turismo polas suas ruas. O mais salientable, aparte das suas pontes son o castelo ca muralla e a igrexa. A esta vila correspondense as duas primeiras fotos.
A terceira foto é da parada do café da tarde, en Ribadesella, xa en Asturias. Eu este pobo coñeciao por estar no verán na baixada en piragua do Rio Sella. Como podedes ver o clima xa non era o mesmo que pola mañan... Ademais de ser a meta da baixada do Sella, o pobo da Princesa Leticia, ten unhas bonitas praias tanto para tomar o sol, como para facer surf. Pola sua situación , de ter a montaña tan preto, tamén se presta para rutas de sendeirismo, espeleoloxia, barranquismo....
SABADO EN SANTANDER
As fotiños de hoxe corresponden case todas a cidade de Santander. Pola mañán acercamonos ata a peninsula da Magdalena, que é un recinto que ademais de albergar o parque do mesmo nome, sobresae o Palacio de la Magdalena. Nada mais entrar alugamos un segway con guia que nos fixo un percorrido de case unha hora. Na foto 1 aparecemos montadas no segway diante do Palacio. Gracias o meu amigo Raul, que me fixo un resumo de cousas imprescindibles para ver, seguimos de ruta. A foto 2 corresponde o Faro de Cabo Maior. Estivo habitado ata 2001 e agora alberga unha exposición sobre faros. A foto 3 da praia del Camello, está situada entre a peninsula da Magdalena e a praia del Sardinero. O seu nome ven das rocas (roca jorobada) que hai na area e que podedes ver no medio da foto. Logo pola tarde, despois de ir o Museo Marítimo de Cantabria e visitar o Acuario, acercamonos ata o parque natural de Cabarceno. Non puidemos entrar porque faltaban so 10 minutos para cerrar, pero si nos deixaron ver os elefantes que saen na foto 4 e os búfalos que estaban preto da entrada. Decir que é un parque natural que está asentado sobre unha antiga mina de ferro e foi acondicionado para o fin que ten agora. Podese recorrer en coche, xa que hai moitos sitios para aparcar e diversas sendas para percorrer, miradores...
De volta na cidade un punto destacable que tiñamos que ver era a zona do Sardinero, cas praias, o estadio, o Palacio dos Deportes (foto 5) que destaca pola forma de peixe; e sobre todo o Casino (foto 6). Edificio modernista e renacentista do século XIX que ademais de funcionar como casino, tamén ten restaurante, cafetería, pub....
A maior parte dos edificios da cidade son moi señoriais, non sei moi ben a que se debe este feito. Creo que é porque o Palacio de la Magdalena era unha residencia de verán dos reis, entón a zona do Sardinero pasou a estar destinada a diversión da aristocracia e por eso se fixeron o casino, o teatro e o Gran Hotel. Tamén se abriu a Avenida Reina Victoria na que se asentaban as vivendas da burguesia. Non sei como sería na época, pero agora e impresionante...
"PONTE" DE MAIO
Xa sei que é raro en min que tarde unha semana en actualizar, pero...
Como xa volvin de Santander toda relaxada vou deixar unhas fotiños, para que as tomedes de referencia o dia que vos apetezca dar un paseo polo Norte da Peninsula.
O xoves non foi nada destacable, xa que despois de cear en Oviedo non saimos a pasear nin nada. Pero o venres pola mañán tiramos cara Xixón, xa que eu levaba uns 5 anos sen ir. Paseamos un pouquiño pola zona de Cimadevilla a donde pertencen as duas primeiras fotos: Igrexa de "S. Pedro" e "Elogio del Horizonte". Para min é a zona mais bonita da cidade. É unha peninsula na que esta situado, ademais do anteriormente citado, a casa natal de Jovellanos, o Palacio Valdés, a Torre do Reloxo, as Termas Romanas, o Monumento a D Pelayo... Todo esto está situado entre a Praia de S Lorenzo e o porto deportivo.
A terceira foto corresponde a parada da tarde. Xa en Cantabria visitamos o Capricho de Gaudí, situado no pobo de Comillas. Este edificio modernista é un anexo o Palacio de Sobrellano. Chama a atención (como todo o de Gaudí) polo seu diseño cos xirasois da fachada, os balcons, a torre... Actualmente alberga un restaurante, co cal, para acceder a torre non hai que pagar, pero si comer ou cear...
Logo desta parada xa tiramos cara Santander, pero esas fotos quedan para mañán.
ASTURIAS, PATRIA QUERIDAAAAAA
Este slide é o resumo fotografico do noso fin de semana en Asturias.
Como podedes ver, fixo mellor tempo que aqui, ainda que a autopista León - Mieres estivese nevada. Solete e nada de frio. A volta cambiou a cousa, xa que viñemos escapando de un temporal de choiva e vento. E claro, hoxe levantome pola mañan e... todo nevado. Polo menos tivemos tres dias para disfrutar...
1200 km
Ver mapa más grande
Este é resumo do meu fin de semana que comezou o xoves pola tarde. Saida de Santiago para durmir en Ponferrada. Saida de Ponferrada o venres pola mañan cara Mieres para a tese de Cris. Mieres - Oviedo pola tarde. Oviedo - Llanes - Oviedo o sabado para facer algo de "turismo" . Oviedo - Quirós o domingo pola mañan para comer. Quirós - Oviedo - Santiago - Vila de Cruces domingo pola tarde.
Menos mal que me gusta conducir!
As fotos en breve.
EN TEMPOS DE CRISE, E MALGASTAMOS OS CARTOS...

Como ben recordaredes, o pasado mes houbo moita polemica pola "Cúpula de Barceló" do Palacio das Nacións en Xenebra. O artista español foi o encargado de decorar a cúpula da "Sala de los Derechos Humanos" que se inaugurou o 18 de Novembro. A obra foi bastante criticada (con razón, baixo o meu punto de vista) polos 20 millóns de euros que custou. De todos eses cartos España aportou mais ou menos uns sete millons e medio. Non me vou meter no que se poderia facer con todos eses cartos, pero seguro que iban mellor empregados en calquera outra cousa.
Pois ben, parece de broma, pero hoxe a primeira noticia que me chamou a atención no periódico foi que un diario suizo publica que se desmorona. Polo visto a ONU intenta ocultar o incidente dicindo que so se estan a facer algunha obra para uns pequenos retoques. Unha fonte dos servicios técnicos da ONU dixo que debido a calor e o tipo de pintura empleada pode haber mais problemas.
Hai que tocarse as narices! ca pasta que costou e por encima que a pintura sexa de mala calidade. Estes deben ser da escola de Pepe Gotera y Otilio.
CENTENARIO
Tal dia coma hoxe pero fai 100 anos, o rei Alfonso XIII concedialle a Ponferrada o titulo de cidade. Por ese motivo hoxe teñen unha sesión de fogos artificiais e ademais dan comenzo as festas da Encina.
Eu entereime o fin de semana que estiven por alí, cando vin o numero 100 enorme feito con luces na cima do Morredero. En ese momento foi cando souben que era unha cidade, porque eu pensaba que consistia nunha vila moi grande. (Que me perdoen os ponferradinos) Claro que tampouco nunca fun consciente do grande que é...
En fin, que este post é porque por algun extraño motivo lle teño certo cariño a esta cidade, que para min o único defecto que ten e que a praia queda a 2h en coche...
















