Se muestran los artículos pertenecientes al tema Libros.

LOS CARACOLES NO SABEN QUE SON CARACOLES

Así se titula o ultimo libro que lin. Despois de rematar cos catro libros da saga de Crepúsculo, pensei que mellor facia unha pausa e me sentaria ben ler un libro de menos de 800 páxinas. Como puxen en un dos post anteriores, o dia de S. Jordi pasei por unha libreria e aproveitando os descontos merquei este libro.

Tratase de unha muller que leva unha vida normal con cousas que nos poden pasar a calquera de nos., pero narrado de unha forma que engancha. Ten certos toques excitantes, humoristicos, entrañables... De todo un pouco. 

Eu merqueino por simple curiosidade, xa que vira a presentación que fixo Nuria Roca en El Hormiguero e chamoume a atención.  Pero en ningun momento pensei que me fose gustar tanto.

Agora tocaralle a La Sangre de los Inocentes, que xa que é prestado, terei que devolvelo algún dia...

19/05/2009 13:01 Autor: Meris. enlace. Tema: Libros No hay comentarios. Comentar.

DIADA DE ST. JORDI

Felicidades a todos os Jorges, Xurxos ou Jordis!!!

Para quen non o saiba, hoxe é o dia do libro, que ven coincidindo con San Jorge. En Cataluña existe o costume de que os mozos regalen unha rosa a sua parella, e as mozas un libro os seus namorados. Con este motivo, moitas librerias aproveitan para facer descontos nos libros o dia de hoxe, e dende aqui aconsellovos que se lle tiñades tiñades ganas a algún, dade unha voltiña polas librerias, que vos podedes aforrar uns euriños. (ollo!! que non todas fan promocións)

Os que cheguedes tarde, que saibades que o proximo mes de maio, como todos os anos, celebrarase na alameda de Santiago a feira do libro...

23/04/2009 12:05 Autor: Meris. enlace. Tema: Libros Hay 1 comentario.

COMEZANDO CA SAGA

20081216124609-crepusculo.jpg

Aproveitando estes dias de auga e neve rematei por fin de ler El Libro del Aire y de las Sombras. O certo e que me obliguei  a min mesma a rematalo, xa que me estaba esperando un "autorregalo" ó que lle tiña moitas ganas. Xa vos falei destos libros un pouco mais abaixo, dado que vin a película e gustomume moito. Dame igual que sexa literatura xuvenil, non vos imaxinades a de veces que lin e relín No pidas sardina fuera de temporada ou Todos los detectives se llaman Flanagan (continuación do anterior). De momento so merquei os dous primeiros, pero como estou segura de que me van gustar, logo caeran os dous últimos. Xa vos contarei que tal, e se vale a pena ler, ou esperar a que fagan a segunda parte do filme...

16/12/2008 13:03 Autor: Meris. enlace. Tema: Libros No hay comentarios. Comentar.

COMPRAS COMPULSIVAS

20080418111209-dsc02657.jpg

Non sabria como definilo.... Indecisión? Compra compulsiva? Xa que rematei de ler o libro de Buenafuente, e se me estan acabando os capitulos de Scrubs, decidín mercar un libro. En realidade ia ca idea de mercar o de Lucia Etxebarria, pero habia tanto xenero... Que empecei a coller libros e o final acabei con catro, dos cales tres saen na foto. O cuarto regaleillo a meu pai (ca condicion de que mo preste cando acabe) porque xa me daba cousa sair con tantos libros para min soa.

18/04/2008 11:12 Autor: Meris. enlace. Tema: Libros Hay 2 comentarios.

DIGO YO

Esta é a miña ultima adquisición. Mira ti por onde, iba mercar unhas gafas de sol, e acabei con un libro e un Cd. O certo é que me calquera das duas cousas me fan pasar momentos agradables. Porque, que maior placer hai que estar tirado no sofá escoitando musica baixa o tempo que les un libro e ves como baten as pinqueiras nos cristais...

Si bueno, seguro que se vos ocorren outros placeres, pero relaxadevos mentes calenturientas...

09/04/2008 18:46 Autor: Meris. enlace. Tema: Libros Hay 3 comentarios.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.