Se muestran los artículos pertenecientes al tema Italia.

05/03/2008

CAFE

20080305091922-imagen034.jpg

Deberia darme vergoña pasarme unha semana por Italia e non tomar un Capuccino. O unico que tomei foi no aeroporto a volta antes de embarcar. E claro, diferencia cos de calquera cafeteria de aquí? Ningunha. A foto é de un que me tomei onte con Piki e David despois de comer.

Chamase Capuccino Iacubus e polo visto leva un toque especial da casa. Que nin Piki nin eu soubemos o que era, so que levaba alcohol. Que digo eu que xa o podian especificar.

Boa pinta, verdade? Eu prefiros con nata.

 

05/03/2008 09:19 Autor: Meris. mais. Tema: Italia Hay 2 comentarios.

03/03/2008

FOTO RESUMO


Por se vos parecian poucas as fotos que subín de Italia, aqui tedes un resumo un pouco mais amplio no link de Flikr

Algunhas estan explicadas. Subin como unhas 40, que de case 250 creo que é un bo resumo. Para que non digades que empalago.

03/03/2008 17:34 Autor: Meris. mais. Tema: Italia No hay comentarios. Comentar.

28/02/2008

FIRENZE

A ultima parada foi Florencia. Que cidade! Non saberia como explicalo con palabras. Canta razón tiña Eva o decirme o moito que lle gustara...

Todo moi limpo, moi ben conservado, con mercadiños polas plazas, os soportais impresionantes, o Duomo e as vistas dende a cupula, a Ponte Vecchio, Sta Maria Novella...

Fotos mais representativas...

1.- Ponte Vecchio de noite.

2.- Vista panoramica dende a cúpula do Duomo. Podese ver o Campanile do Duomo e detrás a Piazza della Repubblica cos soportais.

3.- Campanile do Duomo de noite. Se vos fixades observase un anaquiño da cúpula.

4.- Palazzo Vecchio, sede do concello. Situado na Plaza da Signoria, o lado das Galerias do Uffizi.

5.- Vista panoramica dende o mirador da Basilica de S Mininiato al Monte. Podese ver o Duomo e a torre do Palacio e a Ponte Vecchio.

6.- Plaza e igrexa de Sta Croce, cerquiña do hotel.

 

En resume, decir que (se non vos destes conta) disfrutei un monton da viaxe. Non se pode explicar con palabras...

A comida? uffff, na miña vida comin pizzas tan boas, e as pastas nada que ver con esto. Por suposto os xelados tamén! Todo o que vin me gustou. Sen problemas co idioma nin nada.

Supoño que a boa compañia tamén axudou moito o feito de que fose unha viaxe agradable, grandes risas (e discusións tamén). Gracias por non deixarme conducir, que os italianos van como loooooooocos. E a inestimable axuda de Martita... que ainda q as veces nos puxera dos nervios, houberamos dado mais voltas para chegar a moitos dos lugares.

 

 

28/02/2008 10:42 Autor: Meris. mais. Tema: Italia Hay 2 comentarios.

27/02/2008

PISA

Seguimos ca ruta italiana. Despois de comer pizza e un gran xelado tirados o sol na Plaza do Campo de Siena, tiramos cara Pisa. Non puidemos subir a torre por chegar 2 min tarde... Decirvos que nas fotos non se aprecia a realidade do torcida que está. Vista alí o lado asusta un pouco. Comentar que a torre foi construida en duas fases. Na primeira delas construironse tres pisos e por motivos descoñecidos parouse a obra. Logo, cando seguiron cos catro restantes, xa estaba un pouco torcida, e intentaron correxilo nos pisos superiores. Pero debido a que está asentada en terreo arxiloso, continuou inclinandose. Na actualidade cimentaron o seu redor e anclarona con cables (como podedes ver na primeira foto). Polo demais, a cidade e pequena, ten un par de plazas, un par de ruas de tendas con moito movemento, e na zona do Duomo un monton de postos de recordos...



1.- Torre vista dende a parte de atras,donde se aprecian os cables que a suxeitan

2.- Torre vista dende o Duomo

3.- Duomo e Torre vistas dende o lado do Baptisterio

4.- Vista de Pisa dende unha das pontes do Rio Arno.

27/02/2008 09:57 Autor: Meris. mais. Tema: Italia Hay 2 comentarios.

26/02/2008

SIENA

Como vistes no post anterior, Roma é impresionante. Está un pouco sucio, si, é a fama que ten... Pero impresiona. Sair da boca do metro e atoparte a imensidade do Coliseo diante de ti, ou imaxinarte como de fascinante seria o Foro nos seus tempos de apoxeo. Estar no medio da Plaza do Vaticano e mirar o teu redor, dentro de S Pablo e alzar a vista para ver a cúpula. Chegar a Capilla Sixtina, tantas veces vista en fotos e por fin vela en persoa. E así mais cousas como a Fontana de Trevi, o mirador da Plaza do Pópolo...

E despois de todo isto, alugamos un coche para ir a Florencia e poder achegarnos tamén a Siena e Pisa. As imaxes que poño hoxe son de Siena.

1ª.- Duomo

2ª.- Torre del Mangia, Palacio Publico e Plaza del Campo

3ª.- Plaza del Campo (En forma de abanico)

4ª.- Vista panoramica

5ª.- Plaza do Mercado

6ª.- Fontana de Gaia (Na Plaza do Campo) 

26/02/2008 09:41 Autor: Meris. mais. Tema: Italia Hay 1 comentario.

25/02/2008

ROMA

Esta semana vou facer un resumo da miña visita a Italia. Hoxe empezo por Roma, que foi a nosa primeira parada.

Primeira foto: eu tirando a moeda na Fontana de Trevi

Segunda foto: teito da Capilla Sixtina

Terceira:coliseo (non fai falta ser moi listos para recoñecelo)

Cuarta: Foro Romano (mais ben os restos)

Quinta: Plaza do Popolo

Sexta: Vaticano

Subireinas en breve a flikr e xa podedes ver moitas no meu espacio do msn.

25/02/2008 12:59 Autor: Meris. mais. Tema: Italia Hay 1 comentario.

18/02/2008

PARENTESE

20080218094306-dibujo1.jpg

Alá me vou, de "vacacións" ainda que eu mais ben diria que é un pequeno parentese. Despois do que currei a semana pasada e de todas as voltas que din cos billetes, creo que mo merezco.

A proxima entrada será seguramente con fotos de algun dos sitios do mapa. Que vos sexa leve e non me botedes de menos (que xa sei que non o ides facer...)

18/02/2008 09:46 Autor: Meris. mais. Tema: Italia Hay 2 comentarios.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]