Se muestran los artículos pertenecientes al tema Fotos.
PRIMEIRAS FOTOS DO ANO
Aqui van unhas fotiños da noite de Fin de Ano. Non vou entrar en detalles de que si algun volveu pa casa anestesiado, que si a outro case lle quento as fazulas, que si algunha perdeu as chaves do coche e afortunadamente so quedou nun susto...
Que si queredes unha copia so tedes que pedirma. Eu si quero copia de polo menos duas cámaras que andaban por ahí...
FESTAS GASTRONOMICAS
Din que o Nadal é unha festa familiar pero eu vexo mais como unha festa gastronomica. Antes de comezar os festivos, normalmente todos temos algunha cea de Nadal na empresa. (As que poño arriba, son deste sabado en A Golada, cos amigüitos) Despois chega a Noiteboa, cea en familia. Logo a comida do dia de Nadal, a cea de Fin de Ano, e no meu caso a comida do primeiro de ano (que celebramos o San Manuel). E claro, o dia de Reis, tamen se fai comida, que hai que acabar o turrón.
Por eso penso que mais que Festas en familia se lles poderia chamar reunións gastronomicas.
Pois eso, que FELICES FESTAS!
NOVO XOGUETE

Este é o meu novo xoguete que chegou onte as miñas mans. Estivena probando, e non está nada mal. Tendo en conta o pouco que controlo eu de video, creo que vou sobrada. Cando a saquei da caixa asusteime, porque é moi pequena, e pensei: Ufff, veremos se non a perdo...
De todas formas non vou abandonar a fotografia, tendo en conta que xa me seleccionaron case 40 fotos para Google Earth... seguro que cae algunha mais, porque teño moitas sen revisar ainda. Se vai ser que me equivoquei de profesión...
TOLEDO
Windows Live Spaces
Dia 3 en Toledo. Polo menos movemonos en horarios un pouco mais "normais" e tivemos tempo para facer un pouco de todo sen presas. Unhas cañas antes de comer, comida a unha hora prudente, dar un paseo pola cidade,ir ata o Alcazar e a muralla, ver a Catedral e algunha Sinagoga, volver a tomar outras cañas, seguir paseando... Decir que efectivamente as ruas de Toledo son moi estreitas. Imaxinabame que o eran, pero tanto tanto...
SEGOVIA
Windows Live Spaces
Aqui vai un resumo fotografico da ponte do 1 de Maio.
Dia 2 en Segovia, con diversas anecdotas. De cañas ata as 6.15 da tarde que nos chamou don Sancho para decirnos que podiamos ir a comer, que xa tiñan sitio. O que non tiñan era cochinillo, e tivemonos que conformar co cochifrito. Volta a Madrid e pizzas na terraza, polos pelos, porque xantando as 6.30 da tarde, dan as 12 da noite e non tes fame, claro... Loxicamente non puidemos entrar no Alcazar nin na Catedral, porque a esas horas... Pero por fora moi bonito todo.
EU POR AHI ADIANTE...
Entre molienda e molienda, e centrifugado e centrifugado, creei unha conta en Panoramio con fotos das miñas viaxes.
Este foi o resultado...
Actualizareino estos dias, xa que fotos de Portugal, Madrid, BCN, Menorca, etc, non as tiña no ordenador...
Para os q non saibades como funciona, se pinchades no mapa vai facendo zoom e aparecen mais fotos q subin, e se pinchades nas fotos, podedes velas en grande e abaixo a esquerda o link a miña paxina.
DONDE ESTA WALLY???
A ver canto tardades en atopar a cara do home que hai na foto.

- 3 seg: O teu cerebro esta mais espabilado que o das persoas normais.
- 1 min: O teu cerebro ten un desenrollo normal.
- 1-3 min: O teu cerebro reacciona lentamente. Toma mais proteinas.
- Mais de 3 min: O teu cerebro é moi lento. Unha suxerencia seria ensaiar con mais deseños deste tipo para espabilar esta zona.
Canto tardastes?
Buah! a verdade é q se ve moito...
ILUSIONS OPTICAS

Instantanea do sabado pola noite no Bethoven. Non vos asustedes os que non estabades alí. Non é que Pol cambiase o seu estilo punky por saia e botas... se non que Pili estaba detrás. Pero colar cola non? Agradecementos a Enrique por darse conta do instante fotografico e a Kamino por sacar a foto. Ah! e ainda que Pol este mirando a cámara, non é unha pose, saiu asi...Grandes risas, e eso q ainda non empezaramos de pubs...
RUTA DEL CARES
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
Como xa sabredes a gran maioria, este finde funme para Oviedo, para visitar a Cris e facer a ruta do Cares.
Para os que non oirades falar dela, decirvos que é unha senda nos Picos de Europa, que recorre a Garganta do Rio Cares, dende o pobo asturiano de Poncebos ata o leonés de Caín. Ten unha distancia aprox de 12 km e hai que facela ida e volta, xa que é lineal, e hai que voltar por onde se foi. En resumo decir que foi duro, pero impresionante. Moi recomendable para a xente que lle guste facer sendeirismo. Non ten unha dificultade excesiva e en 7 h faise ben (parando para comer), ademais, eu diria que é algo asi coma un regalo para os sentidos (uff, q profundo me quedou).
CHOVE EN SANTIAGO

Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ó sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pol-a rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaido
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
ágoa da mañán anterga
trema no meu corazón.
Asi levamos varios dias de humidade e molladuras na cidade. Pero a choiva en Santiago é arte...
AREA MOLLADA

Sintome pouco imaxinativa estos dias. Tendo en conta que leva chovendo varios dias, e ainda nos espera mais, as miñas neuronas deben estar un pouco depres e faltalles moito para estar o 100%.
Asi que probablemente as proximas fotos sexan grises e tristes.
Esta foi feita na area da praia de Corrubedo nun frio e chuvioso dia do mes de marzo do 06.
























