Se muestran los artículos pertenecientes al tema BLOGS E WEBS.

MUDEIME

Como seguín tendo queixas vosas de que non vos carga este blogue, que non podedes deixar comentarios, e a min custame bastante postear, decidín facerlle caso o Sr Kamino e mudarme...

Podedesme atopar en:

www.elogoque.blogspot.com

 

03/06/2009 20:19 Autor: Meris. enlace. Tema: BLOGS E WEBS Hay 2 comentarios.

MEME

Aquí estou de novo, despois de varios dias enferma e tirada na cama con febre, e ca gorxa ó vivo e con algo semellante a duas pelotas de golf na boca, sen publicar nin ler o correo nin nada. Aquí estamos outra vez...

Chegame via Dorvisou un Meme de seis praceres cotiáns. Esas cousiñas que facemos case todos os dias e non lles damos importancia.

1.- Ver unha boa película tirada no sofá tapada con unha manta mentras fora se escoita chover. Se pode ser acubillada no colo dun bo mozo, mellor.

2.- Conducir. E non me refiro o camiño que fago todos os dias para vir traballar, se non a subirme no coche e conducir varias horas eu soa, con un rumbo fixo, pero sen presa, escoitando música e pensando nas miñas cousas.

3.- Nadar. Tirarme na piscina sexa verán ou inverno e facer uns largos, desconectando de todo o que pasa fora da auga.

4.- Camiñar calquera tarde de outono, polo medio das follas caidas, arrastrando os pes coma os nenos pequenos.

5.- Ler un libro tirada na toalla unha tarde de verán a beira do mar. Ou sen que sexa verán, tamén me vale estar sentada nunhas pedras, con tal de ter como Banda Sonora o ruxir das olas.

6.- Unha caña cos amigos despois de traballar, mentras saboreamos unhas aceitunas e intentamos arranxar o mundo...

Agora pásolle o testigo se lles apetece, a Larissima, Piti, Kamino e Shun.

17/11/2008 11:23 Autor: Meris. enlace. Tema: BLOGS E WEBS Hay 3 comentarios.

OUTRA DIFERENCIA

Conversación dun venres pola noite as tantas da noite con unhas cervexas/copas enriba da mesa:

Por que os homes non son capaces de percibir as cores da mesma maneira que as mulleres?  Varias veces tivemos esa conversa, de que nos temos un rango mais amplio para distinguir os tonos, que si "rosa palo, rosa chicle, azul turquesa, azul marino, beige, blanco roto..." Pois resulta que ten unha explicación cientifica.

Como recordaredes de EXB a retina esta formada por conos e bastóns. Pois a explicación que nos deu Noe (experta en cores e pátinas) é porque as mulleres temos mais células sensibles a luz (conos e bastóns) que os homes. Eso é debido a que as mulleres temos dous cromosomas X e o home so un. Polo visto hai varios estudios sobre o tema.

Aqui vos deixo alguns links para os curiosos:

Mente o corazón

Cognitive Daily (en inglés)

Taringa

E aquí vos deixo un link por si queredes facer unha proba de percepción de cores como o debuxo de arriba.

10/11/2008 12:05 Autor: Meris. enlace. Tema: BLOGS E WEBS Hay 2 comentarios.

E TI, APARCAS BEN?

Despois de ver esta foto a ver quen é o que ten algo que decirme sobre se aparco ben ou mal. De acordo que me tomo o meu tempo, que para o coche que teño, creo que non é tanto. Pero polo menos deixo o coche no medio das raias, non ocupando duas prazas ou a saida de un garaxe ou cousas asi. Ollo que hai moita xenta armada con camaras de fotos que logo mandan a web de Aparcascomoelculo e claro, pode ver as vosas cafradas quen queira...

Se sodes vos os que vedes algunha pifiada, na mesma web podedes imprimir unha nota e deixala no parabrisas en plan informativo, a ver se asi axudamos a que a xente sexa un pouco mais xenerosa e chame menos a atención. Eu estou segura que os que teñen cochazos novos aparcan mal para que nos fixemos mais neles...

04/11/2008 11:41 Autor: Meris. enlace. Tema: BLOGS E WEBS Hay 3 comentarios.

100 TRUCOS PARA AFORRAR

 

Na web de tomaspulido.com atopei uns cuantos trucos para aforrar algo de diñeiro. Eu boteille un vistazo e hai cousas que me pareceron moi interesantes. Dividense en 11 apartados, cada un cos seus trucos correspondientes. O que mais gracia me fixo foi  a mellor forma de aforrar no coche: non telo!!!

09/09/2008 09:33 Autor: Meris. enlace. Tema: BLOGS E WEBS Hay 2 comentarios.

PUDIMOS

Homenaxe de Calico Electronico a Selección. Atentos ó sms do final. Boisimos Los Niños Mutantes de San Ildefonso.

 

(este finde se todo vai ben, toca Noia, luns fotos e conta atrás)

11/07/2008 17:16 Autor: Meris. enlace. Tema: BLOGS E WEBS No hay comentarios. Comentar.

TEST DEL SEXO

Este é un test que fan todos os anos, aqui vos deixo o enlace para que o fagades. Testdelsexo.com. Eu fun sincera, e para que o vexades,poño o resultado. 72 Como vedes estou bastante na media. Creo que teño que espabilar un pouco...

A ver quen se atreve a deixar a sua puntuación???

IPS: 72
Tu Índice de Pulsión Sexual es superior al 60% de la población que ha respondido al test. Estás en el tramo entre el 60% y el 70%, es decir, de cada 10 individuos te superarían 3 ó 4. Así pues, tu IPS es promedio, cercano al de la mayoría de la población.

Para tu referencia, éstos son los IPS de algunos personajes famosos que este año han hecho el test:

Gráfico IPS de famosos
EXPERIENCIA (de 0 a 19): 9
ATREVIMIENTO (de 0 a 20): 9
INTERNET (de 0 a 13): 4
AMORALIDAD (de 0 a 15): 7
AUTOERÓTICA (de 0 a 16): 11
LIBERTINAJE (de 0 a 27): 9
02/07/2008 11:45 Autor: Meris. enlace. Tema: BLOGS E WEBS Hay 6 comentarios.

CASTING

Porque me rio moito con esta serie. Seguro que todos a coñecedes: Cálico Electrónico

Eu nunca vira ningun capitulo enteiro, pero agora collinlle o gusto. Este é un dos sketch que mais me gustou. Agradecerlle o aporte a Veli: Quisiera ser pirata...

 

17/06/2008 13:30 Autor: Meris. enlace. Tema: BLOGS E WEBS Hay 2 comentarios.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.