Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2009.

Resumen

"PONTE" DE MAIO

Xa sei que é raro en min que tarde unha semana en actualizar, pero...

Como xa volvin de Santander toda relaxada vou deixar unhas fotiños, para que as tomedes de referencia o dia que vos apetezca dar un paseo polo Norte da Peninsula.

O xoves non foi nada destacable, xa que despois de cear en Oviedo non saimos a pasear nin nada. Pero o venres pola mañán tiramos cara Xixón, xa que eu levaba uns 5 anos sen ir. Paseamos un pouquiño pola zona de Cimadevilla a donde pertencen as duas primeiras fotos: Igrexa de "S. Pedro" e "Elogio del Horizonte". Para min é a zona mais bonita da cidade. É unha peninsula na que esta situado, ademais do anteriormente citado, a casa natal de Jovellanos,  o Palacio Valdés, a Torre do Reloxo, as Termas Romanas, o Monumento a D Pelayo... Todo esto está situado entre a Praia de S Lorenzo e o porto deportivo.

A terceira foto corresponde a parada da tarde. Xa en Cantabria visitamos o Capricho de Gaudí, situado no pobo de Comillas. Este edificio modernista é un anexo o Palacio de Sobrellano. Chama a atención (como todo o de Gaudí) polo seu diseño  cos xirasois da fachada, os balcons, a torre... Actualmente alberga un restaurante, co cal, para acceder a torre non hai que pagar, pero si comer ou cear...

Logo desta parada xa tiramos cara Santander, pero esas fotos quedan para mañán.

04/05/2009 13:22 Autor: Meris. enlace. Tema: Polo mundo No hay comentarios. Comentar.

SABADO EN SANTANDER

As fotiños de hoxe corresponden case todas a cidade de Santander. Pola mañán  acercamonos ata a peninsula da Magdalena, que é un recinto que ademais de albergar o parque  do mesmo nome, sobresae o Palacio de la Magdalena. Nada mais entrar alugamos un segway con guia que nos fixo un percorrido de case unha hora. Na foto 1 aparecemos montadas no segway diante do Palacio. Gracias o meu amigo Raul, que me fixo un resumo de cousas imprescindibles para ver, seguimos de ruta. A foto 2 corresponde o Faro de Cabo Maior. Estivo habitado ata 2001 e agora alberga unha exposición sobre faros. A foto 3  da  praia   del Camello, está situada entre a peninsula da Magdalena e a praia del Sardinero. O seu nome ven das rocas (roca jorobada) que hai  na area e que podedes ver no medio da foto. Logo pola tarde, despois de ir o Museo Marítimo de Cantabria e visitar o Acuario, acercamonos ata o parque natural de Cabarceno. Non puidemos entrar porque faltaban so 10 minutos para cerrar, pero si nos deixaron ver os elefantes que saen na foto 4 e os búfalos que estaban preto da entrada. Decir que é un parque natural que está asentado sobre unha antiga mina de ferro e foi acondicionado para o fin que ten agora. Podese recorrer en coche, xa que hai moitos sitios para aparcar e diversas sendas para percorrer, miradores...

De volta na cidade un punto destacable que tiñamos que ver era a zona do Sardinero, cas praias, o estadio, o Palacio dos Deportes (foto 5) que destaca pola forma de peixe; e sobre todo o Casino (foto 6). Edificio modernista e renacentista do século XIX  que ademais de funcionar como casino, tamén ten restaurante, cafetería, pub....

A maior parte dos edificios da cidade son moi señoriais, non sei moi ben a que se debe este feito. Creo que é porque o Palacio de la Magdalena era unha residencia de verán dos reis, entón a zona do Sardinero pasou a estar destinada a diversión da aristocracia e por eso se fixeron o casino, o teatro e o Gran Hotel. Tamén se abriu a Avenida Reina Victoria na que se asentaban as vivendas da burguesia. Non sei como sería na época, pero agora e impresionante...

06/05/2009 18:45 Autor: Meris. enlace. Tema: Polo mundo No hay comentarios. Comentar.

A ORIXE

Se vos gustaron as outras películas de X- Men, esta é probable que tamén vos guste.

Como todo Santander estaba ateigado de carteis deste filme, decidimos que era un bo plan ir a vela.

Explica a maneira e os motivos de Loberzno para chegar a ser quen é. Que se non vistes as anteriores non pasa nada, podedes seguir o fio igual, e se as vistes, axuda a explicar por que o caracter de Logan é así.

07/05/2009 11:48 Autor: Meris. enlace. Tema: Cine Hay 1 comentario.

VIAXE DE VOLTA

Domingo, dia de regreso a casiña. A ida pasaramos por S. Vicente de la Barquera (si, o pueblo de Bustamante) entón pensamos que era unha boa idea parar a comer o dia de regreso. Xa que facia bo tempo, fixemos algo de turismo polas suas ruas. O mais salientable, aparte das suas pontes son o castelo ca muralla e a igrexa.  A esta vila correspondense as duas primeiras fotos.

A terceira foto é da parada do café da tarde, en Ribadesella, xa en Asturias. Eu este pobo coñeciao por estar no verán na baixada en piragua do Rio Sella. Como podedes ver o clima xa non era o mesmo que pola mañan... Ademais de ser a meta da baixada do Sella, o pobo da Princesa Leticia, ten unhas bonitas praias  tanto para tomar o sol, como para facer surf. Pola sua situación , de ter a montaña tan preto, tamén se presta para rutas de sendeirismo, espeleoloxia, barranquismo....

12/05/2009 12:22 Autor: Meris. enlace. Tema: Polo mundo Hay 1 comentario.

II SUBIDA A VILA DE CRUCES

Fin de semana ca II Subida a Vila de Cruces. Dende a ponte de Brocos ata o campo da festa de Larazo. Proba puntuable para o Campionato de Montaña. A que pensabades que non as iba poñer... si, tardei un pouco, pero xa que fun e saquei fotos... aqui van un par delas.

A primeira o 0 de Ferreiro, que nos deleitou con algun trompo na 1ª pasada oficial. A segunda cando baixaban os coches despois da 1ª oficial e a ultima, o ibiza de Barrio despois de levarse o pino por diante. (Sacada de Curuxa Rallie).

Gañador Toño Varela, e por se vos interesa, podedes ver a clasificación oficial.

14/05/2009 13:28 Autor: Meris. enlace. Tema: Recunchos de Galicia Hay 1 comentario.

LOS CARACOLES NO SABEN QUE SON CARACOLES

Así se titula o ultimo libro que lin. Despois de rematar cos catro libros da saga de Crepúsculo, pensei que mellor facia unha pausa e me sentaria ben ler un libro de menos de 800 páxinas. Como puxen en un dos post anteriores, o dia de S. Jordi pasei por unha libreria e aproveitando os descontos merquei este libro.

Tratase de unha muller que leva unha vida normal con cousas que nos poden pasar a calquera de nos., pero narrado de unha forma que engancha. Ten certos toques excitantes, humoristicos, entrañables... De todo un pouco. 

Eu merqueino por simple curiosidade, xa que vira a presentación que fixo Nuria Roca en El Hormiguero e chamoume a atención.  Pero en ningun momento pensei que me fose gustar tanto.

Agora tocaralle a La Sangre de los Inocentes, que xa que é prestado, terei que devolvelo algún dia...

19/05/2009 13:01 Autor: Meris. enlace. Tema: Libros No hay comentarios. Comentar.

GALO DE CURRAL '09

Os da miña terra xa sabedes que este fin de semana temos unha cita na capital do concello. Como todos os anos en maio daremonos cita na Festa do Galo de Curral. Deixovos o programa das festas.

O ano pasado fixose o Cruces Arte que reune artistas da zona: pintores, fotografos, cantantes, gaiteiros... Con exposicións e actuacións. Este ano repitese no Auditorio Xosé Casal, e tamén vos deixo o programa por se queredes dar unha voltiña.

26/05/2009 12:10 Autor: Meris. enlace. Tema: Recunchos de Galicia Hay 1 comentario.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.