Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2009.
Resumen
- 02/03/2009 12:07 - SENDEIRISMO TOXA-CARBOEIRO
- 06/03/2009 17:09 - CO PETO BALEIRO
- 12/03/2009 13:30 - SORPRENDENTE
- 20/03/2009 12:40 - SENDEIRISMO TAMBRE
- 25/03/2009 12:11 - SEGUIMOS PRACTICANDO
- 31/03/2009 12:24 - QUERO DESFACERME DEL...
SENDEIRISMO TOXA-CARBOEIRO

Aproveitando o último dia de sol e a xornada de reflexión, marchamos "reflexionar" o monte. Alá fomos os da foto, e a fotografa facer a ruta dende a Fervenza do Toxa ata o Mosteiro de Carboeiro, voltando por Martixe. Unha ruta moi recomendable que se pode facer de duas maneiras: ida e volta, ou circular por Martixe. Calquera das duas son un total de 12 km. Nos escollemos a segunda opción. Saimos dende o mirador da Fervenza e tentamos ir cara os montes de Martixe, pero o non estar sinalizado volvemos o punto inicial de partida. Entón comezamos de novo pola ruta señalizada, baixando cara o merendeiro da Fervenza onde paramos para comer. Dende alí, atravesando a ponte desprazamonos ata a Capela de S. Paio, xa en Merza, e logo paramos en Reboredo a tomar un café. A seguinte parada foi na Carixa e dende esta área recreativa sen parar ata Carboeiro. Logo de visitar o Mosteiro tiramonos a aventura, xa que a ruta a partir de aqui non está ben sinalizada en ningun sitio. Ademais as obras do AVE fixeronos dudar mais de unha vez e dar un par de voltas. Pero finalmente tivemos un final feliz e chegamos o coche antes de anoitecer, cousa que temia algunha muller de pouca fe...
CO PETO BALEIRO

A semana pasada por fin levei todas as moedas que tiña aforradas ó banco para cambialas por billetes. Do resultado de que o meu peto quedase baleiro, saeu esta cousiña.
Ala! que bonito! pois si. Bonito si, e pantalla grande tamén, pero nada mais. Ten un montón de opcións. Moitas que nin sequera sei para que serven. Pero claro, as mais funcionais hai que pagalas. Por exempo a actualización dos mapas que espero que minime me bote unha man... Tamen traza rutas alternativas en función dos atascos, pero hai que mercar unha anteniña...
Non todo son inconvenientes. Unha vez rexistrados na web de TomTom e instalado o software podemos baixar tonterias como voces ou sons de aviso, ou cousas mais prácticas como os puntos de interese (puntos negros, estacions de servicio, radares...) Tamén podemos correxir os mapas nos mesmos e, como bos cidadáns, compartilos cos demais usuarios reciprocamente. Se hai obras, se está a rua cortada...
Xa vos direi dentro de unha temporada se vale a pena ou mellor seguir cos mapas de carreteras de toda a vida, que a min sempre me levaron a onde queria chegar...
SORPRENDENTE
A hora de facer deportes individuais creo que todos nos queixamos de que é moi aburrido. Entón a opción que nos queda é levar con nos un reproductor de mp3 para ir escoitando música. Se facedes coma min e vos gusta nadar, a mellor opción seria a que puxen un par de post mais abaixo (auriculares inalambricos con Bluetooh). Se o que facedes e correr, camiñar ou bicicleta, está moi claro que podemos levar calquer reproductor no bolsillo. Como o meu chandal non ten bolsillos e nas elípticas ou bicis estáticas non hai un lugar para pousar nada (so unha botella de auga) estaba buscando un brazalete para o iPod nano e atopei este kit deportivo de Nike:
Consiste en unhas zapatillas Nike+ , un emisor e un receptor. Poñemos a plaquiña emisora debaixo da plantilla das zapatillas (non valen unhas calquera, as Nike+ xa teñen o sitio) e conectamos o receptor o apatato. Cando comezamos o noso entrenamento, o emisor manda a información da distancia, tempo, velocidade e calorias que consumimos. Si queremos incluso nos pode avisar por voz. Ten un custo de 30€ aprox e as zapatillas aparte,claro. Os recambios vendenos soltos e custan 20€.
Eu de momento vou ver si atopo un brazalete asequible.
SENDEIRISMO TAMBRE

Fai unha temporadiña que tiña ganas de coñecer a zona da Pesqueria do Tambre, e aproveitando que organizaron unha ruta de sendeirismo en Deportes da USC, apunteime e liei un par de compañeiros mais.
Comezamos as 10.30 en Pontenafonso (1ª foto) e camiñamos por pistas atravesando aldeas. Esta parte foi a menos bonita da ruta. Logo de chegar a igrexa de Roo seguimos paseando xa polo medio de montes e fincas. Chegamos a Central do Tambre II e despois de un par de km a Central do Tambre I (última foto). Aquí comeza a parte mais bonita do percorrido. Por camiños, pasarelas de madeira (2ª foto) e sendeiros de pescadores chegamos a desembocadura do rego de Quarenza. Ata aqui a ruta está perfectamente marcada, xa que pertence o itinerario PRG11. Dende aquí demos volta de novo ata a Central onde aproveitamos para atravesar a ponte colgante (3ª foto) e descansar mentras esperabamos polo autobus que nos traeria de volta a Santiago.
A Central Hidroelectrica do Tambre I está asentada sobre unha antiga pesqueria que abastecia os monxes do Mosteiro de S. Xusto, a uns 5km. Moito tempo despois, a comezos do século pasado (1924) a "Sociedad Gallega de Electricidad" encargou a sua reforma obtendo o edificio que temos agora. Dende o Embalse Barrié de la Maza desviaron parte do cauce do rio pola parte alta da montaña, para logo deixala caer na Central e obter electricidade. No recinto podemos ver algunha bomba antiga xa xubilada. Fai poucos anos restauraronse as casas do antigo poblado da Central e convertironse en estancias do Hotel Pesqueria del Tambre.
SEGUIMOS PRACTICANDO
Odio as comidas picantes. Nunca me gustou eso de ter a lingua anestesiada e non poder apreciar o sabor da comida. Parece un pouco raro que dicindo esto me guste tanto a comida mexicana. Pero hai moitos pratos que non teñen por que levar chile nin guindilla nin nada de eso. Dende que cerrou o restaurante mexicano que habia nesta cidade, boto moito de menos os Frijoles Refritos ou o Guacamole.
Pois decidín experimentar e comezar pola parte sinxela e rápida: o Guacamole. Ca axuda da web Directo al Paladar en 10 min tiña o capricho cumprido.
So utilicei aguacate, zume de limón, tomate, cebola, allo e sal. É unha receita moi sana baixa en calorías, xa que so leva vexetais.

Está mal que o diga eu, pero quedoume boisima. En mexico acompañana con totopos, pero aqui podemolos sustituir polos tipicos doritos.
QUERO DESFACERME DEL...
Instalei a última versión de Windows Live Mail, e non sei que se me pasou por alto, que tamén se me instalou o Windows Live Mail. Moi bonito o diseño si, pero a min non me interesa. Alquen sabe como desinstalalo??????
Ca versión anterior do MSN pasoume o mesmo, pero conseguin desfacerme del, e cando pinchaba no icono do correo na ventá do MSN abriaseme o explorador predeterminado de internet (non lembro se era Explorer ou Firefox...) ca paxina correspondiente do Mail de Hotmail. Ben, pois quero volver o mesmo, pero sen cargarme nada. Alguen sabe como? Non me digades que o faga dende o Panel de Control, que xa o intentei...
















