Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2009.

Resumen

RIBEIRA DO ULLA

O sabado pasado, despois de moito tempo, collín as botas e os bastóns e marchamos facer a ruta da Ribeira do Ulla. Tiña moitas ganas de facela, sobre todo dende que a vin no blogue de Alen dos Sonhos e souben que estaba tan cerquiña da miña casa.

O percorrido oficial do PRG93 son mais ou menos 13 km, pero como os nosos monitores lles parecia pouco, engadiron 4 km a maiores dende Fao ata Ponte Basebe. A ruta comeza na Ponte Basebe, e percorre a ribeira do Ulla polo lado do concello de Touro. O camiño é impresionante, atravesa diversos montes de castiñeiros e carballos. Desviandonos 100m  da senda marcada, achegamonos a Fervenza do Inferniño, que se pode ver na primeira foto. Durante todo o percorrido podemos atopar ouriceiras debaixo dos castiñeiros, que se usaban antigamente para recoller e poñer a secar as castañas. Pasamos preto das ruinas do Pazo de S. Cristovo e tamén rodeamos muiños de auga como os de Quintás. Preto do final chegamos o Pozo do Pego que corresponde a un gran remanso do Ulla que, como podedes ver na foto, o sabado estaba bastante cheo.

A marxe de toda a natureza, tamén hai que salientar que unha das nosas monitoras era Silvia, que seguramente me oistes falar dela, por ser quen me levou a escalar por primeira vez. O certo é que levabamos mais de un ano sen vernos, e para min foi un gran placer.

1.- Fervenza do Inferniño

2.- Final da ruta, preto de Ribeira

3.- Pozo do Pego

4.- Ouriceiras

5.-Obstaculos do camiño

6.- Reencontro con Silvia

 

02/02/2009 13:03 Autor: Meris. enlace. Tema: Recunchos de Galicia Hay 3 comentarios.

DE SAN AMARO A SAN VALENTÍN...

20090210105905-cocido09.jpg

Mes do cocido en Lalín.

Aqui vos deixo o programa do domingo que ven. E tamén este link ca lista de restaurantes da zona para comer un bo cocido. Que aproveite...

 

PROGRAMA DE ACTOS

10.30 horas. Auditorio Municipal. Celebración do Capítulo Xeral da Encomenda do Cocido.
11.30 horas. Casa do Concello. Recepción do Pregoeiro, D. Carlos Alsina.
12,00 h.- Apertura da feira (saída da Praza do Concello).
12,30 h.- Pregón no palco presidencial, a cargo de D. Carlos Alsina.
13,00 h.- Desfile de carrozas, charangas e comparsas.

09/02/2009 11:17 Autor: Meris. enlace. Tema: Recunchos de Galicia Hay 1 comentario.

VALE 0.10€

20090210111831-dsc04263.jpg

Non sei se a algun dos meus lectores lles pasou esto algunha vez. A min non me pasara nin sabia de ninguen, e fixome gracia.

Situación: Parking de A. Central. Despois de comer, dispoñome a sacar o coche do parking para volver a traballar. Meto a tarxeta na máquina e dime o importe. 2.85€. Como non teño solto, saco un billete de 5€ todo arrugado, e metoo na rendixa. Na pantalla pon que a miña devolución corresponden 2.15€. Ata aqui todo normal. O raro ven cando me solta unha moeda de 2€, outra de 5 cts e un papeliño. O papeliño correspondese ó da foto de arriba.

Imaxinadesvos a miña cara de incredulidade e a do meu compañeiro, que pagou xusto antes ca min e non tivo problema ningun...

Resultoume gracioso, porque seguro que se a proxima vez me faltan 0.10€ para pagar e lle meto o papeliño, a máquina non me vai facer caso. Supoño que teria que ir a canxealo na cabina donde están os vixiantes. Pero claro, so faltaria que chegase alí e houbera mais xente no meu caso. Teria que esperar cola, co risco de que pasasen os 12-15 min de prazo que dan para retirar o vehiculo; ca consecuencia de que teria que volver pagar outra vez...

 

10/02/2009 11:22 Autor: Meris. enlace. Tema: Tecnoloxia Hay 1 comentario.

SOLETE POR FIN

20090217124053-madanela014.jpg

Despis de non sei canto tempo sen ter un dia enteiro de sol, por fin nos acompañou. Para aproveitalo, o sabado pasado saquei o meu can a dar un "pequeno" paseo de 7 km subindo ata a cima da Madanela e volvendo a baixar. Decir que o dia estaba despexado de todo, e as vistas eran impresionantes.

O que tamen me impresionou foi a torre que podedes ver a esquerda da foto, detras das arbores. Algo oira de que pensaban facer un parque eólico na zona, pero non sabia que a idea iba adiante. Resulta que a torre esta é para medir a forza do vento que pega aló enriba. Pois xusto este ano, despois de tantos temporais, si que debeu pegar forte. Total, que acabaran prantando algun muiño aló arriba, e pouca gracia nos vai facer os veciños estar comendo o dia da festa, cas aspas dando voltas...

17/02/2009 16:15 Autor: Meris. enlace. Tema: Recunchos de Galicia Hay 3 comentarios.

A FEIRA DO CHOURIZO

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Eu non sabia que aprazaran a feira do chourizo de Cruces ó dia 17, pero claro, como o dia 4 houbo temporal, era mellor plan.

Aquí vos deixo un video de parte do programa en directo A Revista. Non é para facer propaganda do evento, e para que vexades o majete que é meu pai (teño a quen semellarme). Para quen non o coñeza, é o primeiro entrevistado.

18/02/2009 10:56 Autor: Meris. enlace. Tema: Recunchos de Galicia Hay 1 comentario.

OVOS SUPERSONICOS???

Esta imaxe que vedes aqui, e que semella uns ovos de galiña-robot, non son tal cousa. Son uns auriculares inalambricos pensados para escoitar música na auga. Ainda lles faltan alguns detalles, para comercializar. A idea principal é moi atractiva. Funcionan con unha conexión Bluetooh ou WiiFi. Alguns inconvintes serian por exemplo, que non hai maneira de regular o volume, nin poderias cambiar de canción, xa que o aparato emisor estaria fora da auga. Para facer estas cousas xa inventaron outro tipo de auriculares so que para usar estos últimos haberia que mercar un mp3 resistente a auga ou unha boa funda protectora.

Calquera das opcións me parece unha boa idea, sobretodo tendo en conta o aburrido que é nadar. Como xa sabedes, o aburrimento foi un dos motivos polos que me apuntei ó cursiño de natación e o de aquagym, que resulta mais dinámico. Ata o de agora na maioria dos deportes individuais podias escoitar música excepto nos de auga. Pois parece que vai cambiando a cousa. Como creo que de momento ainda non están a venda, comezarei a aforrar a ver se para aquela teño suficiente para permitirme o capricho.

23/02/2009 11:09 Autor: Meris. enlace. Tema: Tecnoloxia No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.