Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2009.
Resumen
- 07/01/2009 12:00 - PRIMEIRAS FOTOS DO ANO
- 08/01/2009 11:01 - NOITE DE REIS
- 09/01/2009 13:26 - NEVADAS
- 13/01/2009 11:13 - QUE PENA QUE DURASE TAN POUCO...
- 19/01/2009 10:58 - 1200 km
- 20/01/2009 16:59 - ASTURIAS, PATRIA QUERIDAAAAAA
- 26/01/2009 10:46 - POST DE RECLAMACIÓNS
- 27/01/2009 11:56 - REGALAZO ADIANTADO
- 30/01/2009 10:27 - QUE HAY DENTRO???
PRIMEIRAS FOTOS DO ANO
Aqui van unhas fotiños da noite de Fin de Ano. Non vou entrar en detalles de que si algun volveu pa casa anestesiado, que si a outro case lle quento as fazulas, que si algunha perdeu as chaves do coche e afortunadamente so quedou nun susto...
Que si queredes unha copia so tedes que pedirma. Eu si quero copia de polo menos duas cámaras que andaban por ahí...
NOITE DE REIS
En algunhas aldeas da nosa comarca, a mañan de reis hai quen non vai mirar debaixo da arbore para ver se os Reis deixaron algun regalo. Antes de iso vai dar unha voltiña pola casa ou finca a ver se falta algunha cousa. Eu lembro cando era cativa e ian as vellas a misa, que polo camiño atopaban cancelas, carretas e carros que faltaban nas casas dos veciños. Na miña parroquia esa "tradición" xa se perdeu, pero en algunhas como a de Merza ainda sigue en pé como puiden ler onte na Voz ou no Faro. O mellor de todo é que a determinada hora da noite, cortan a luz pública para poder actuar con nocturnidade é alevosía, ainda que polo visto este ano en Merza pouco mais fixeron que cambiar alguns maceteiros de lugar e subir unhas formigoneiras ó palco da música.

NEVADAS
Así amañecian hoxe as vistas dende a miña casa. As 9.00 da mañán, todo branco, con moito frio e ningún coche pola estrada. Eso que deciamos cando ibamos a clase de: Oxalá mañán aparezca todo branco para non poder sair da casa! Pois decir que hoxe non me fixo gracia ningunha. Sobre todo polas consecuencias de chegar a traballar 3 horas tarde.
Esta outra é da carretera de camiño, a 10 km de Santiago. Porque claro na capital xa non quedaba rastro de neve cando eu cheguei...
QUE PENA QUE DURASE TAN POUCO...

Esta foto é para contrastar cas anteriores. Ainda que so hai un dia de diferencia, parece que hai meses. Foi tomada o domingo pola mañan dende a habitación dunha casa de turismo rural en Muros. Facia moito frio, pero poñendose ó sol coma os lagartos daba un gustiño... Tamén teño que dicir que cando cheguei as 7 da tarde a Cruces ese mesmo dia, ainda habia sitios onde duraba a neve do venres.
A pena foi que o sol durase tan pouco, xa que o dia seguinte volveu a chover, e seguirá algúns dias. Espero que o mal tempo nos de unha tregua este fin de semana...
1200 km
Ver mapa más grande
Este é resumo do meu fin de semana que comezou o xoves pola tarde. Saida de Santiago para durmir en Ponferrada. Saida de Ponferrada o venres pola mañan cara Mieres para a tese de Cris. Mieres - Oviedo pola tarde. Oviedo - Llanes - Oviedo o sabado para facer algo de "turismo" . Oviedo - Quirós o domingo pola mañan para comer. Quirós - Oviedo - Santiago - Vila de Cruces domingo pola tarde.
Menos mal que me gusta conducir!
As fotos en breve.
ASTURIAS, PATRIA QUERIDAAAAAA
Este slide é o resumo fotografico do noso fin de semana en Asturias.
Como podedes ver, fixo mellor tempo que aqui, ainda que a autopista León - Mieres estivese nevada. Solete e nada de frio. A volta cambiou a cousa, xa que viñemos escapando de un temporal de choiva e vento. E claro, hoxe levantome pola mañan e... todo nevado. Polo menos tivemos tres dias para disfrutar...
POST DE RECLAMACIÓNS

Como suxerencia de alguns lectores deste blog, decidín facer un post de reclamacións. Como bos amigos podedesme facer suxerencias e reclamacións sobre as entradas que vou facendo. Como podedes ver, son moi obediente e amañei o problema que habia co slide.
Quedará un acceso directo a dereita do Blog, no cadro dos temas. Metede ahi as vosas reclamacións. Moitas gracias!!!
REGALAZO ADIANTADO
A que é bonita? Pois é o meu regalo de cumpreanos (por adiantado).
Despois de mais ou menos 18 anos, a miña vella Telefunken de 14" apagouse para sempre o sabado pasado. O certo e que levabamos moitos anos de convivencia, e ainda conservaba o primeiro mando a distancia...Non tiña euroconector nin teletexto, nin luxo ningún, e dimos mil voltas para conectar a TDT, pero sin ter en conta estas cousas, eu tiñalle certo cariño.
Agora sustituea esta maravillosa Philips de 22" que promete ser unha maravilla:
- Pantalla panorámica
- Pantalla recuberta antirreflexante
- Nivelador automático de volume, Incredible Surround, Control intelixente da son
- EPG agora e seguinte, Guía electrónica de programación de 8 días
- 4:3,14:9, 16:9, Zoom de subtítulos, Super zoom, Pantalla panorámica
- TDT
- Entrada PC VGA,entradas HDMI para conexión de alta definición dixital con un so cable
E moitas cousas mais que ainda non sei para que serven. A ver se me dura outros 18 anos!

QUE HAY DENTRO???

Dentro desta bolsa está a miña nova aficción. A ver canto me dura...
Si en uns dias me vedes dolorida e rascada por todas partes, non vos preocupedes. Quere decir que son un pouco patosa e ainda non conseguin dominar a técnica. Sabedes xa o que é?
(non vale que o poña a xente que veu conmigo mercala!)
















