Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2009.
Resumen
- 07/04/2009 14:18 - PRIMAVERA ACTIVA
- 13/04/2009 20:39 - S. SANTA (Dia 1)
- 14/04/2009 19:00 - S. SANTA (Dia 2)
- 16/04/2009 12:24 - S. SANTA (Dia 3)
- 20/04/2009 11:11 - S. SANTA (Dia 4)
- 23/04/2009 12:05 - DIADA DE ST. JORDI
PRIMAVERA ACTIVA

Como xa sabedes que a cabra tira o monte, aló me fun cos compañeiros gracias o programa de Primavera Activa da Xunta.
Chegamos o venres a Castro Caldelas, e uns tiramos para unha casa de turismo rural e outros para a outra. Logo de cear (uns mellor que outros) xuntamonos na casa de Drados para facer sociedade.
O sábado pola mañán, despois do paseo en todo terreo pola Serra da Queixa, deixaronnos probar un Quad durante unha horiña. A min fixoseme moi corto, e xa estou comendolle o tarro a meu pai para que merque un... Despois de comer, e pasear por Montederramo deronnos un GPS dous arcos e 5 frechas e soltaronos polas leiras a buscar dianas para puntuar.
O domingo, deronos outra vez o GPS, un mapa e unha folla con uns puntos que habia que buscar e fotografiar. Esta vez foi peor, xa que nos mandaron polo entorno do Mosteiro de S Pedro de Rocas (moi bonito por certo) pero todo era pendientes e maleza monte a través e case sen camiños. A foto corresponde o punto mais dificil de atopar, que teño que dicir que segun o monitor fomos o único equipo que chegou a él... Pero descalificaronnos por chegar tarde. Despois de tan axetreada xornada, marchamos xantar a Allariz e dixerir a comida dando un paseiño pola vila.
Temos un montón de anecdotas que contar, como que houbo que saltar un portal con pinchos a 1 da mañan, que algun non durmeu porque tiña a habitación chea de espertadores soando cada 30 min, que acabamos todos rabuñados...
Agora toca esperar ata finais de maio que sexa a proxima actividade de Naturalmente Galiza!
S. SANTA (Dia 1)
Xa sabedes todos vos como me gusta viaxar e coñecer mundo. Un dos sitios os que queria ir e nunca chegara foi Lisboa. Aproveitando estes dias de S. Santa marchamos catro amigas cara as terras portuguesas. Irei poñendo fotos e como cando fun a Italia, un resumo dos dias e das cousas que vimos.
O primeiro dia marchamos de Santiago e paramos a comer en Aveiro. Eu xa o coñecia e lembraba mais que nada as barcas que hai no rio. Non o recordaba tan colorido (foto 1). Despois de comer aproveitamos para dar un paseiño e logo puxemonos rumbo a Coimbra. Cando estiven nesta cidade (fai uns 4 anos) quedarame impresionada co bonita que é. Entrando na cidade pasamos un bo anaco no Portugal dos Pequeninhos. (foto 2) Xa me tiñan falado desta cidade en miniatura. Consiste nun recinto con moitas casiñas tamaño neno de 8 anos, xa que os maiores custanos un pouco entrar en moitas delas. En unha parte están as casas tipicas das colonias portuguesas, e en outra monumentos de cidades de Portugal en pequeno. Logo cruzamos a ponte (foto 3) e tomamos un café. Ahí comezamos a descubrir o boa que é a reposteria portuguesa...
S. SANTA (Dia 2)
O segundo día, xa na capital aproveitamos a mañan para facer algo de turismo pola parte vella da cidade. A primeira parada "obrigada" foi a Sé (foto 1) que ainda que non aparente ser moi grande, é a Catedral. Está situada no barrio da Alfama, onde tamén está o Castelo de S Jorge. O castelo intentamos entrar, pero habia demasiada cola e limitamonos a bordear o recinto por fora. Despois baixamos as empinadas costas cara a Praça do Comercio (foto 2). Unha pena que estivese en obras, porque a xente que estivo en ela dixome que era moi bonita. Está aberta o Rio Tajo nun dos seus lados. Dende alí saen moitos dos tranvias que circulan pola cidade. Xa na parte baixa paseamos un pouco polo barrio do Roxio, no que chama a atención a sua distribución en cuadricula. Esto foi debido a sua reconstrucción despois do famoso terremoto de Lisboa do 1755. Despois de recuperar forzas nunha terraciña subimos no Elevador de Sta Justa (foto 3) que non é mais que unha torre con un ascensor diseñado por Eiffel que sube a xente dende o barrio de Baixa ata o de Alta.
Despois de comer acercamonos ata o Oceanario (foto 4) e a zona da Expo do 98. Teño entendido que é o Acuario mais grande de Europa. Persoalmente penso que o de Barcelona non se queda atrás. Unha das cousas que me gustou mais do dia foi a estación de Oriente (foto 5) diseñada por Calatrava. Esta parte da cidade non é tan turistica, quizais me gustou mais por iso. A última foto correspondese a Ponte Vasco da Gama, unha das duas pontes da cidade que cruza o estuario do Rio Tejo.
S. SANTA (Dia 3)
O terceiro dia, despois de almorzar dedicamonos a percorrer o barrio de Belém. A primeira parada foi a Torre de Belém (foto1) que antigamente foi o centro de recaudación de impostos para poder entrar na cidade. Seguidamente, uns centos de metros mais adiante, achegamonos ata o Padrao dos Descobrementos (foto3) que data do 1960 e foi construido para conmemorar os 500 anos da morte de Henrique el Navegante. Nos lados do monumento que ten forma de carabela están as estatuas dos navegantes ligados os descubrimentos.
Despois de comer comezou a parte graciosa do dia: Chegar tarde a todas partes...
Achegamonos ata o Mosteiro dos Jerónimos pero só puidemos entrar na igrexa, porque o claustro (para o que tiñamos entrada) levaba 15 min cerrado. Logo cruzamos a Ponte 25 de Abril (foto 2) para ir ata o Cristo Rei e admirar a inmensidade de Lisboa. Pero deronos ca porta nas narices por chegar xusto a hora de cerrar. O que si fixemos foi dar un paseo polas inmediacións do monumento e achegarnos ata o acantilado para sacar fotos.
O último paseo do día foi ata Cabo da Roca (foto 4) que está situado no P.N. de Sintra-Cascais. É o punto mais occidental do continente europeo. Tiñamos idea de ir a contemplar a posta de sol... Pero conformamonos con vela dende o coche de camiño, posto que cando chegamos o sol xa estaba agochado no horizonte.
S. SANTA (Dia 4)
Último día en Portugal. Xa non nos acercamos a Lisboa, e optamos por ir a Sintra. Recomendaranos dedicarlle un dia, pero coido que non é abondo. A vila en si non é moi grande, e o bonito está nas aforas. Nos optamos por visitar o Palacio da Pena, o que corresponden as duas fotos. Pero ten moitas mais cousas que ver: o Castelo dos Mouros, Palacio Nacional, Palacio de Monserrate, Convento dos Capuchos...
Ademais do que podedes contemplar nas fotos, o Palacio ten uns xardins enormes que da gusto pasear por eles. Dentro do edificio hai unha parte que conserva as estancias e os mobles dos reis, o malo foi que non nos deixaban sacar fotos. No século XIX era unha das principais residencias da familia real, e paseando polos xardins podemonos imaxinar como vivian os "ricos" da época.
Foi o mais salientable do dia, xa que a tarde a dedicamos o camiño de volta...
Agora toca esperar e planificar o fin de semana do 1 de maio, que xa que somos traballadores, haberá que festexalo.
DIADA DE ST. JORDI

Felicidades a todos os Jorges, Xurxos ou Jordis!!!
Para quen non o saiba, hoxe é o dia do libro, que ven coincidindo con San Jorge. En Cataluña existe o costume de que os mozos regalen unha rosa a sua parella, e as mozas un libro os seus namorados. Con este motivo, moitas librerias aproveitan para facer descontos nos libros o dia de hoxe, e dende aqui aconsellovos que se lle tiñades tiñades ganas a algún, dade unha voltiña polas librerias, que vos podedes aforrar uns euriños. (ollo!! que non todas fan promocións)
Os que cheguedes tarde, que saibades que o proximo mes de maio, como todos os anos, celebrarase na alameda de Santiago a feira do libro...
















