LOS CARACOLES NO SABEN QUE SON CARACOLES
Así se titula o ultimo libro que lin. Despois de rematar cos catro libros da saga de Crepúsculo, pensei que mellor facia unha pausa e me sentaria ben ler un libro de menos de 800 páxinas. Como puxen en un dos post anteriores, o dia de S. Jordi pasei por unha libreria e aproveitando os descontos merquei este libro.
Tratase de unha muller que leva unha vida normal con cousas que nos poden pasar a calquera de nos., pero narrado de unha forma que engancha. Ten certos toques excitantes, humoristicos, entrañables... De todo un pouco.
Eu merqueino por simple curiosidade, xa que vira a presentación que fixo Nuria Roca en El Hormiguero e chamoume a atención. Pero en ningun momento pensei que me fose gustar tanto.
Agora tocaralle a La Sangre de los Inocentes, que xa que é prestado, terei que devolvelo algún dia...

















