VIAXE DE VOLTA

Domingo, dia de regreso a casiña. A ida pasaramos por S. Vicente de la Barquera (si, o pueblo de Bustamante) entón pensamos que era unha boa idea parar a comer o dia de regreso. Xa que facia bo tempo, fixemos algo de turismo polas suas ruas. O mais salientable, aparte das suas pontes son o castelo ca muralla e a igrexa.  A esta vila correspondense as duas primeiras fotos.

A terceira foto é da parada do café da tarde, en Ribadesella, xa en Asturias. Eu este pobo coñeciao por estar no verán na baixada en piragua do Rio Sella. Como podedes ver o clima xa non era o mesmo que pola mañan... Ademais de ser a meta da baixada do Sella, o pobo da Princesa Leticia, ten unhas bonitas praias  tanto para tomar o sol, como para facer surf. Pola sua situación , de ter a montaña tan preto, tamén se presta para rutas de sendeirismo, espeleoloxia, barranquismo....

12/05/2009 12:22 Autor: Meris. enlace. Tema: Polo mundo.

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: piti

k si bustamante,k si a leti, pero vos fostes de turismou ou visitar os lugares de nacemento dos famosetes,sodes da prensa do corazon?mira k a miña vida xa lla teño vendida a HOLA. Pareme un sitio interesante, moloume a entrada esa do castelo

Fecha: 13/05/2009 13:48.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.