SABADO EN SANTANDER
As fotiños de hoxe corresponden case todas a cidade de Santander. Pola mañán acercamonos ata a peninsula da Magdalena, que é un recinto que ademais de albergar o parque do mesmo nome, sobresae o Palacio de la Magdalena. Nada mais entrar alugamos un segway con guia que nos fixo un percorrido de case unha hora. Na foto 1 aparecemos montadas no segway diante do Palacio. Gracias o meu amigo Raul, que me fixo un resumo de cousas imprescindibles para ver, seguimos de ruta. A foto 2 corresponde o Faro de Cabo Maior. Estivo habitado ata 2001 e agora alberga unha exposición sobre faros. A foto 3 da praia del Camello, está situada entre a peninsula da Magdalena e a praia del Sardinero. O seu nome ven das rocas (roca jorobada) que hai na area e que podedes ver no medio da foto. Logo pola tarde, despois de ir o Museo Marítimo de Cantabria e visitar o Acuario, acercamonos ata o parque natural de Cabarceno. Non puidemos entrar porque faltaban so 10 minutos para cerrar, pero si nos deixaron ver os elefantes que saen na foto 4 e os búfalos que estaban preto da entrada. Decir que é un parque natural que está asentado sobre unha antiga mina de ferro e foi acondicionado para o fin que ten agora. Podese recorrer en coche, xa que hai moitos sitios para aparcar e diversas sendas para percorrer, miradores...
De volta na cidade un punto destacable que tiñamos que ver era a zona do Sardinero, cas praias, o estadio, o Palacio dos Deportes (foto 5) que destaca pola forma de peixe; e sobre todo o Casino (foto 6). Edificio modernista e renacentista do século XIX que ademais de funcionar como casino, tamén ten restaurante, cafetería, pub....
A maior parte dos edificios da cidade son moi señoriais, non sei moi ben a que se debe este feito. Creo que é porque o Palacio de la Magdalena era unha residencia de verán dos reis, entón a zona do Sardinero pasou a estar destinada a diversión da aristocracia e por eso se fixeron o casino, o teatro e o Gran Hotel. Tamén se abriu a Avenida Reina Victoria na que se asentaban as vivendas da burguesia. Non sei como sería na época, pero agora e impresionante...
















