"PONTE" DE MAIO

Xa sei que é raro en min que tarde unha semana en actualizar, pero...

Como xa volvin de Santander toda relaxada vou deixar unhas fotiños, para que as tomedes de referencia o dia que vos apetezca dar un paseo polo Norte da Peninsula.

O xoves non foi nada destacable, xa que despois de cear en Oviedo non saimos a pasear nin nada. Pero o venres pola mañán tiramos cara Xixón, xa que eu levaba uns 5 anos sen ir. Paseamos un pouquiño pola zona de Cimadevilla a donde pertencen as duas primeiras fotos: Igrexa de "S. Pedro" e "Elogio del Horizonte". Para min é a zona mais bonita da cidade. É unha peninsula na que esta situado, ademais do anteriormente citado, a casa natal de Jovellanos,  o Palacio Valdés, a Torre do Reloxo, as Termas Romanas, o Monumento a D Pelayo... Todo esto está situado entre a Praia de S Lorenzo e o porto deportivo.

A terceira foto corresponde a parada da tarde. Xa en Cantabria visitamos o Capricho de Gaudí, situado no pobo de Comillas. Este edificio modernista é un anexo o Palacio de Sobrellano. Chama a atención (como todo o de Gaudí) polo seu diseño  cos xirasois da fachada, os balcons, a torre... Actualmente alberga un restaurante, co cal, para acceder a torre non hai que pagar, pero si comer ou cear...

Logo desta parada xa tiramos cara Santander, pero esas fotos quedan para mañán.

04/05/2009 13:22 Autor: Meris. enlace. Tema: Polo mundo.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.