PRIMAVERA ACTIVA

20090407140258-primaveira-activa.jpg

Como xa sabedes que a cabra tira o monte, aló me fun cos compañeiros gracias o programa de Primavera Activa da Xunta.

Chegamos o venres a Castro Caldelas, e uns tiramos para unha casa de turismo rural e outros para a outra. Logo de cear (uns mellor que outros) xuntamonos na casa de Drados para facer sociedade.

O sábado pola mañán, despois do paseo en todo terreo pola Serra da Queixa, deixaronnos probar un Quad durante unha horiña. A min fixoseme moi corto, e xa estou comendolle o tarro a meu pai para que merque un... Despois de comer, e pasear por Montederramo deronnos un GPS dous arcos e 5 frechas e soltaronos polas leiras a buscar dianas para puntuar. 

O domingo, deronos outra vez o GPS, un mapa e unha folla con uns puntos que habia que buscar e fotografiar. Esta vez foi peor, xa que nos mandaron polo entorno do Mosteiro de S Pedro de Rocas (moi bonito por certo) pero todo era pendientes e maleza monte a través e case sen camiños. A foto corresponde o punto mais dificil de atopar, que teño que dicir que segun o monitor fomos o único equipo que chegou a él... Pero descalificaronnos por chegar tarde.  Despois de tan axetreada xornada, marchamos xantar a Allariz e dixerir a comida dando un paseiño pola vila.

Temos un montón de anecdotas que contar, como que houbo que saltar un portal con pinchos a 1 da mañan, que algun non durmeu porque tiña a habitación chea de espertadores soando cada 30 min, que acabamos todos rabuñados...

Agora toca esperar ata finais de maio que sexa a proxima actividade de Naturalmente Galiza!

07/04/2009 14:18 Autor: Meris. enlace. Tema: Recunchos de Galicia.

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: piti

ti si k eres todo terreo, pola semana cidade e fin de semana monte extremo.xa case vales para a version feminina de Rambo

Fecha: 07/04/2009 21:50.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.