SENDEIRISMO TAMBRE

20090320123920-tambre.jpg

Fai unha temporadiña que tiña ganas de coñecer a zona da Pesqueria do Tambre, e aproveitando que organizaron unha ruta de sendeirismo en Deportes da USC, apunteime e liei un par de compañeiros mais.

Comezamos as 10.30 en Pontenafonso (1ª foto) e camiñamos por pistas atravesando aldeas. Esta parte foi a menos bonita da ruta. Logo de chegar a igrexa de Roo seguimos paseando xa polo medio de montes e fincas. Chegamos a Central do Tambre II e despois de un par de km a Central do Tambre I (última foto).  Aquí comeza a parte mais bonita do percorrido. Por camiños, pasarelas de madeira (2ª foto) e sendeiros de pescadores chegamos a desembocadura do rego de Quarenza. Ata aqui a ruta está perfectamente marcada, xa que pertence o itinerario PRG11. Dende aquí demos volta de novo ata a Central onde aproveitamos para atravesar a ponte colgante (3ª foto) e descansar mentras esperabamos polo autobus que nos traeria de volta a Santiago.

A Central Hidroelectrica do Tambre I  está asentada sobre unha antiga pesqueria que abastecia os monxes do Mosteiro de S. Xusto, a uns 5km. Moito tempo despois, a comezos do século pasado (1924) a "Sociedad Gallega de Electricidad" encargou a sua reforma obtendo o edificio que temos agora. Dende o Embalse Barrié de la Maza desviaron parte do cauce do rio pola parte alta da montaña, para logo deixala caer na Central e obter electricidade. No recinto podemos ver algunha bomba antiga xa xubilada. Fai poucos anos restauraronse as casas do antigo poblado da Central e convertironse en estancias do Hotel Pesqueria del Tambre.

20/03/2009 12:40 Autor: Meris. enlace. Tema: Recunchos de Galicia.

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: marta

pues sí.. estuvo bien, aunque supo a poco, verdad?... habrá que repetir otro dia por nuestra cuenta... por ejemplo... a partir de la central hasta el embalse y vuelta...

Fecha: 21/03/2009 21:23.


gravatar.com
Autor: piti

como sigas asi vas facer mais kms andando k en coche.parece unha ruta interesante pero é os k estades acostumados a andar eu teria k facela en tramos

Fecha: 23/03/2009 00:37.


gravatar.com
Autor: nati

Siiiii¡ repetide outra vez a ruta que así vou eu tamen.

Fecha: 23/03/2009 13:50.


gravatar.com
Autor: Larissima

Mi madriña, moito paseas e camiñas. Pero despois non te queixes de que imos ós sitios que ti xa coñeces. Nos tamén temos dereito...

Fecha: 25/03/2009 16:12.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.