SORPRENDENTE

A hora de facer deportes individuais creo que todos nos queixamos de que é moi aburrido. Entón a opción que nos queda é levar con nos un reproductor de mp3 para ir escoitando música. Se facedes coma min e vos gusta nadar, a mellor opción  seria a que puxen un par de post mais abaixo (auriculares inalambricos con Bluetooh). Se o que facedes e correr, camiñar ou bicicleta, está moi claro que podemos levar calquer reproductor no bolsillo. Como o meu chandal non ten bolsillos e nas elípticas ou bicis estáticas non hai un lugar para pousar nada (so unha botella de auga) estaba buscando un brazalete para o iPod nano e atopei este kit deportivo de Nike

Consiste en unhas zapatillas Nike+ , un emisor e un receptor. Poñemos a plaquiña emisora debaixo da plantilla das zapatillas (non valen unhas calquera, as Nike+ xa teñen o sitio) e conectamos o receptor o apatato. Cando comezamos o noso entrenamento, o emisor manda a información da distancia, tempo, velocidade e calorias que consumimos. Si queremos incluso nos pode avisar por voz.  Ten un custo de 30€ aprox e as zapatillas aparte,claro. Os recambios vendenos soltos e custan 20€.

Eu de momento vou ver si atopo un  brazalete asequible.

12/03/2009 13:30 Autor: Meris. enlace. Tema: Tecnoloxia.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.