CO PETO BALEIRO

20090306191807-tomtomxl-1.jpg

A semana pasada por fin levei todas as moedas que tiña aforradas ó banco para cambialas por billetes. Do resultado de que o meu peto quedase baleiro, saeu esta cousiña.

Ala! que bonito! pois si. Bonito si, e pantalla grande tamén, pero nada mais. Ten un montón de opcións. Moitas que nin sequera sei para que serven. Pero claro, as mais funcionais hai que pagalas. Por exempo a actualización dos mapas que espero que minime me bote unha man... Tamen traza rutas alternativas en función dos atascos, pero hai que mercar unha anteniña...

Non todo son inconvenientes. Unha vez rexistrados na web de TomTom e instalado o software podemos baixar tonterias como voces ou sons de aviso, ou cousas mais prácticas como os puntos de interese (puntos negros, estacions de servicio, radares...) Tamén podemos correxir os mapas nos mesmos e, como bos cidadáns, compartilos cos demais usuarios reciprocamente. Se hai obras, se está a rua cortada...

Xa vos direi dentro de unha temporada se vale a pena ou mellor seguir cos mapas de carreteras de toda a vida, que a min sempre me levaron a onde queria chegar...

06/03/2009 17:09 Autor: Meris. enlace. Tema: Tecnoloxia.

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: piti

outro caprichiño mais eh,ti sempre avanzando canda as tecnoloxias.e a este k nome lle vas poñer?

Fecha: 06/03/2009 22:51.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.