SENDEIRISMO TOXA-CARBOEIRO

20090302120701-carboeirotoxa.jpg

Aproveitando o último dia de sol e a xornada de reflexión, marchamos "reflexionar" o monte. Alá fomos os da foto, e a fotografa facer a ruta dende a Fervenza do Toxa ata o Mosteiro de Carboeiro, voltando por Martixe. Unha ruta moi recomendable que se pode facer de duas maneiras: ida e volta, ou circular por Martixe. Calquera das duas son un total de 12 km. Nos escollemos a segunda opción. Saimos dende o mirador da Fervenza e tentamos ir cara os montes de Martixe, pero o non estar sinalizado volvemos o punto inicial de partida. Entón comezamos de novo pola ruta señalizada, baixando cara o merendeiro da Fervenza onde paramos para comer. Dende alí, atravesando a ponte desprazamonos ata  a Capela de S. Paio, xa en Merza, e logo paramos en Reboredo a tomar un café. A seguinte parada foi na Carixa e dende esta área recreativa sen parar ata Carboeiro. Logo de visitar o Mosteiro tiramonos a aventura, xa que a ruta a partir de aqui non está ben sinalizada en ningun sitio. Ademais as obras do AVE fixeronos dudar mais de unha vez e dar un par de voltas. Pero finalmente tivemos un final feliz e chegamos o coche antes de anoitecer, cousa que temia algunha muller de pouca fe...

02/03/2009 12:07 Autor: Meris. enlace. Tema: Recunchos de Galicia.

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: piti

parece mentira,unha ruta k debe ser bonita e k temos aki o lado e nunca nos animamos a facer,algun dia sera x outra parte si é unha pena k as obras do ave esten destrozando tanto paisaxe.

Fecha: 02/03/2009 22:02.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.