OVOS SUPERSONICOS???

Esta imaxe que vedes aqui, e que semella uns ovos de galiña-robot, non son tal cousa. Son uns auriculares inalambricos pensados para escoitar música na auga. Ainda lles faltan alguns detalles, para comercializar. A idea principal é moi atractiva. Funcionan con unha conexión Bluetooh ou WiiFi. Alguns inconvintes serian por exemplo, que non hai maneira de regular o volume, nin poderias cambiar de canción, xa que o aparato emisor estaria fora da auga. Para facer estas cousas xa inventaron outro tipo de auriculares so que para usar estos últimos haberia que mercar un mp3 resistente a auga ou unha boa funda protectora.
Calquera das opcións me parece unha boa idea, sobretodo tendo en conta o aburrido que é nadar. Como xa sabedes, o aburrimento foi un dos motivos polos que me apuntei ó cursiño de natación e o de aquagym, que resulta mais dinámico. Ata o de agora na maioria dos deportes individuais podias escoitar música excepto nos de auga. Pois parece que vai cambiando a cousa. Como creo que de momento ainda non están a venda, comezarei a aforrar a ver se para aquela teño suficiente para permitirme o capricho.
















