VALE 0.10€

20090210111831-dsc04263.jpg

Non sei se a algun dos meus lectores lles pasou esto algunha vez. A min non me pasara nin sabia de ninguen, e fixome gracia.

Situación: Parking de A. Central. Despois de comer, dispoñome a sacar o coche do parking para volver a traballar. Meto a tarxeta na máquina e dime o importe. 2.85€. Como non teño solto, saco un billete de 5€ todo arrugado, e metoo na rendixa. Na pantalla pon que a miña devolución corresponden 2.15€. Ata aqui todo normal. O raro ven cando me solta unha moeda de 2€, outra de 5 cts e un papeliño. O papeliño correspondese ó da foto de arriba.

Imaxinadesvos a miña cara de incredulidade e a do meu compañeiro, que pagou xusto antes ca min e non tivo problema ningun...

Resultoume gracioso, porque seguro que se a proxima vez me faltan 0.10€ para pagar e lle meto o papeliño, a máquina non me vai facer caso. Supoño que teria que ir a canxealo na cabina donde están os vixiantes. Pero claro, so faltaria que chegase alí e houbera mais xente no meu caso. Teria que esperar cola, co risco de que pasasen os 12-15 min de prazo que dan para retirar o vehiculo; ca consecuencia de que teria que volver pagar outra vez...

 

10/02/2009 11:22 Autor: Meris. enlace. Tema: Tecnoloxia.

Comentarios » Ir a formulario


Autor: sr. kamino

se e ke manda huevos...
pois eu nunka vin algo asi, ke me leve dios!!!
en fin, xunta moitos deses e ke txo kambien por un vale do korte ingles ou algo...

Fecha: 16/02/2009 14:32.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.