RIBEIRA DO ULLA

O sabado pasado, despois de moito tempo, collín as botas e os bastóns e marchamos facer a ruta da Ribeira do Ulla. Tiña moitas ganas de facela, sobre todo dende que a vin no blogue de Alen dos Sonhos e souben que estaba tan cerquiña da miña casa.

O percorrido oficial do PRG93 son mais ou menos 13 km, pero como os nosos monitores lles parecia pouco, engadiron 4 km a maiores dende Fao ata Ponte Basebe. A ruta comeza na Ponte Basebe, e percorre a ribeira do Ulla polo lado do concello de Touro. O camiño é impresionante, atravesa diversos montes de castiñeiros e carballos. Desviandonos 100m  da senda marcada, achegamonos a Fervenza do Inferniño, que se pode ver na primeira foto. Durante todo o percorrido podemos atopar ouriceiras debaixo dos castiñeiros, que se usaban antigamente para recoller e poñer a secar as castañas. Pasamos preto das ruinas do Pazo de S. Cristovo e tamén rodeamos muiños de auga como os de Quintás. Preto do final chegamos o Pozo do Pego que corresponde a un gran remanso do Ulla que, como podedes ver na foto, o sabado estaba bastante cheo.

A marxe de toda a natureza, tamén hai que salientar que unha das nosas monitoras era Silvia, que seguramente me oistes falar dela, por ser quen me levou a escalar por primeira vez. O certo é que levabamos mais de un ano sen vernos, e para min foi un gran placer.

1.- Fervenza do Inferniño

2.- Final da ruta, preto de Ribeira

3.- Pozo do Pego

4.- Ouriceiras

5.-Obstaculos do camiño

6.- Reencontro con Silvia

 

02/02/2009 13:03 Autor: Meris. enlace. Tema: Recunchos de Galicia.

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: piti

parece moi chula,haber cando a facemos nos so k a nos en vez de aumentarlle eses 4 km case habra k kitarllos

Fecha: 03/02/2009 23:07.



Autor: sr. kamino

xa me falou mouriño de esa ruta. estivemos a pikes de facela un sabadete, pero o final eskollemos cervezas nos bares, ke tamen ten o seu akel...

Fecha: 06/02/2009 13:04.



Autor: Paco Penas

Amigos blogueiros, chegados de terras lonxanas, viñeron a descubrirme estas rutas cercanas ao meu berce. Espero perderme por aí prontiño, anque no próximo verán intentarei, chegar a Compostela desde o alto de Pedrafita.
Saúde e terra.

Fecha: 09/02/2009 10:58.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.