REGALAZO ADIANTADO
A que é bonita? Pois é o meu regalo de cumpreanos (por adiantado).
Despois de mais ou menos 18 anos, a miña vella Telefunken de 14" apagouse para sempre o sabado pasado. O certo e que levabamos moitos anos de convivencia, e ainda conservaba o primeiro mando a distancia...Non tiña euroconector nin teletexto, nin luxo ningún, e dimos mil voltas para conectar a TDT, pero sin ter en conta estas cousas, eu tiñalle certo cariño.
Agora sustituea esta maravillosa Philips de 22" que promete ser unha maravilla:
- Pantalla panorámica
- Pantalla recuberta antirreflexante
- Nivelador automático de volume, Incredible Surround, Control intelixente da son
- EPG agora e seguinte, Guía electrónica de programación de 8 días
- 4:3,14:9, 16:9, Zoom de subtítulos, Super zoom, Pantalla panorámica
- TDT
- Entrada PC VGA,entradas HDMI para conexión de alta definición dixital con un so cable
E moitas cousas mais que ainda non sei para que serven. A ver se me dura outros 18 anos!

Comentarios » Ir a formulario
![]()
Autor: marta
Fecha: 27/01/2009 15:56.
![]()
Autor: Larissima
Fecha: 27/01/2009 21:14.
















