NOITE DE REIS

En algunhas aldeas da nosa comarca, a mañan de reis hai quen non vai mirar debaixo da arbore para ver se os Reis deixaron algun regalo. Antes de iso vai dar unha voltiña pola casa ou finca a ver se falta algunha cousa. Eu lembro cando era cativa e ian as vellas a misa, que polo camiño atopaban cancelas, carretas e carros que faltaban nas casas dos veciños. Na miña parroquia esa "tradición"  xa se perdeu, pero en algunhas como a de Merza ainda sigue en pé como puiden ler onte na Voz ou no Faro. O mellor de todo é que a determinada hora da noite, cortan a luz pública para poder actuar con nocturnidade é alevosía, ainda que polo visto este ano en Merza pouco mais fixeron que cambiar alguns maceteiros de lugar e subir unhas formigoneiras ó palco da música.

08/01/2009 11:01 Autor: Meris. enlace. Tema: Recunchos de Galicia.

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: piti

é unha tradicion descoñecida para min xa k aki non se leba iso.pero en merza e outros situos de vila de cruces si e xa teño oido falar das cousas k fan. en merza calmarianse un pouco xa k se non me ekivoco fai un par de anos un veciño tomou a mal o k fixeran e puxo denuncia.

Fecha: 09/01/2009 00:30.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras contra la leucemia y el Iniciador Zaragoza (networking entre emprendedores).