Se muestran los artículos pertenecientes a Septiembre de 2008.

Resumen

CENTENARIO

Tal dia coma hoxe pero fai 100 anos, o rei Alfonso XIII concedialle a Ponferrada o titulo de cidade. Por ese motivo hoxe teñen unha sesión de fogos artificiais e ademais dan comenzo as festas da Encina.

Eu entereime o fin de semana que estiven por alí, cando vin o numero 100 enorme feito con luces na cima do Morredero. En ese momento foi cando souben que era unha cidade, porque eu pensaba que consistia nunha vila moi grande. (Que me perdoen os ponferradinos) Claro que tampouco nunca fun consciente do grande que é...

En fin, que este post é porque por algun extraño motivo lle teño certo cariño a esta cidade, que para min o único defecto que ten e que a praia queda a 2h en coche...

04/09/2008 12:47 Autor: Meris. enlace. Tema: Polo mundo Hay 2 comentarios.

100 TRUCOS PARA AFORRAR

 

Na web de tomaspulido.com atopei uns cuantos trucos para aforrar algo de diñeiro. Eu boteille un vistazo e hai cousas que me pareceron moi interesantes. Dividense en 11 apartados, cada un cos seus trucos correspondientes. O que mais gracia me fixo foi  a mellor forma de aforrar no coche: non telo!!!

09/09/2008 09:33 Autor: Meris. enlace. Tema: BLOGS E WEBS Hay 2 comentarios.

COIDADO CON BUSH

Asi estivo o meu portatil onte. Bueno, non foi tan grave, so tiña un. Espero que ninguen o collese por culpa miña.

O tema é que estaba falando polo msn con unha colega e apareceume unha mensaxe q poñia:

-hey

-mira esta animación de bush

- (link q non lembro)

Que fago:  pinchar e descargar e... nada, non pasou nada.

Ata que volvin a iniciar o messenger e entón era eu quen mandaba os mensaxes, pero sen link, co cal creo que non infectei a ninguen.

De todas formas que sepades que é un pouco jodón. Tiven que darlle moooooooooitas voltas antes de eliminalo, baixandome varios AntiSpywere, reiniciando a proba de fallos, desabilitando algunha función de restauración do sistema. Menos mal que apareceu SuperPiki e me recomendou un bo antivirus, porque nin o Kaspersy nin o Panda conseguian facer nada. O que me funcionou foi o  AVAST! Se tedes algun problema, xa sabedes. Buscando en foros vin que este virus xa ten orixe do ano pasado, e creo que está controlado,  pero de todas formas cuidadin!

 

11/09/2008 18:49 Autor: Meris. enlace. Tema: Tecnoloxia Hay 4 comentarios.

INDECISION

20080916003520-moviles.jpg

Resulta que a semana pasada me chegou un sms de Vodafone ofrecendome un desconto de 50€ en varios telefonos. Como o meu lle queda un mes escaso de garantia e xa tiña pensado cambialo, pois estiven mirando. Estos son os que mais me gustan. Como vedes hai moitas "diferencias" entre eles. Como que os tres son da mesma marca (declarome fiel, por moitos vaciles que me caigan) De tapa deslizante, mais ou menos das mesmas dimensions e con caracteristicas similares. A unica diferencia notable e que o primeiro me sae 30€ mais barato que os outros dous, pero ten o inconveniente de que non ten flash... Precisamente ese gustame dende que saleu, fai un ano mais ou menos. Pero despois de consultalo con un informatico que ten un e decirme que non é para tanto, pois como que xa non estou tan convencida.

Se tedes algún destes, ou coñecedes a alguen que o teña, agradecese a opinión.

Tamen estivera mirando para cambiarme a orange, pero total so teñen o E65 10€ mais barato. Pensando ben, creo que me quedo en Vodafone cambiando de tarifa, e así manteño os números Qtal. Non sei eu se me compensará moito, porque as rapazas cas que mais tempo largo son de outras compañias...

Teño un mes para decidirme, que despois acabase a oferta. Mantereivos informad@s.Guiño

16/09/2008 00:21 Autor: Meris. enlace. Tema: Tecnoloxia Hay 4 comentarios.

TANTO TEMPO ESPERANDO...

ConcertoDover

Canto tempo facia xa que sabiamos que iba estar Dover en Lalín? E de gratís! A primeira vez que vou as festas a Lalín o luns... Mi madriña, que concertazo! Menudo entusiasmo! Que impetu! Que ben o pasamos! Non me refiero co grupo; mais ben con unha das rapazas que tiñamos ó lado. Tiña que subir ela a cantar, porque era a alma do concerto. Os que estaban no escenario... pois bueno, a min gustame mais escoitalos no coche. O que mais me gustou do concerto foi cando a cantante pideu perdón "porque se me fué la pinza y me comí un trozo de canción". Ains madre, estos famosos... E pensar na pasta que costaron, e o que é peor: que a min antes gustabanme!!!

O resto das festas? Sen comentarios... O venres moi ben, algun (por fin) mais feliz que os demais. O sabado? sen comentarios pola miña parte. Grandes risas, algunha neurona que mais que patinar iba en moto. E señores! Por primeira vez subin no saltamontes!!! Nunca subira porque realmente non me chamaba a atención demasiado, pero non está mal. O domingo, pagando a felicidade do sabado. De cafés recuperandome da pedazo resaca. Ainda que houbo xente que recolleu as 5. E onte... concerto e pa casa.

Pero a festa ainda remata hoxe! Eu esta vez si que paso, que unha xa ten unha idade...

 

23/09/2008 17:15 Autor: Meris. enlace. Tema: Musica Hay 2 comentarios.

HAI MANEIRAS E MANEIRAS...

Non me preguntedes como cheguei a este blog, supoño que saltando de un para outro. Gustoume moito este post das formas de entrar a trapo. Sobre todo despois do que me lucin este fin de semana.

Cando fun a Ribadesella, a baixada do Sella saindo de festa pola noite fun a barra pedir unhas botellas de sidra. Cando estaba esperando a que me atendesen achegouseme un mozo que me dixo:

- Si te llamas Maria te invito a una copa.

O primeiro que fixen foi botarme a rir, o segundo contestarlle:

- Vas a tiro fijo eh! Pues me llamo Ana...

Vacilando vacilando o final tiven que enseñarlle o DNI. Non tomei copa ningunha, porque claro, mezclar é moi malo. O final non pasou nada, xa que o chaval tiña que ir remar o dia seguinte no descenso. Pero polo menos fixen un amigo simpatico co que me estiven falando polo msn bastante tempo.

Botadelle un ollo os comentarios do link anterior e a este do espace da mesma rapaza, que por ahi adiante a xente é moi ocurrente.

25/09/2008 18:50 Autor: Meris. enlace. Hay 1 comentario.

FACENDO RALLIE EN LALÍN

Seguro que moitos xa vistes este video, ou quizais a escena en persoa. Eu entereime este fin de semana da sua existencia.

Se non sabes facer rallie, pa que te metes???? Por encima con un coche que non está preparado! Vale que vai pintado, con luces e tal e cual, pero  o motor e suspensión e tracción,que? E estes son os que nos paran a nos despois para multarnos? Si claro, para recaudar para o arranxo do coche! Vaia exemplo!

29/09/2008 17:49 Autor: Meris. enlace. Hay 1 comentario.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.