Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2008.

Resumen

PROXIMAMENTE...

 

Se algún de vos foi ó cine ver Horton, seguro que xa veu este tráiler. Se polo contrario non o vistes, aquí o deixo para que disfrutedes. Para ver a película enteira teremos que esperar ata xullo do ano que ven…

 

02/10/2008 13:39 Autor: Meris. enlace. Tema: Cine Hay 3 comentarios.

SAN FROILÁN

Un aniño mais acabanse as festas do "verán". O certo é que eu precisamente non son a mais indicada para falar delas, xa que normalmente non vou a ningunha. Só me gustan as das cidades, para aproveitar e ir a concertos e esas cousas. Ainda que teño que dicir que precisamente este ano tampouco fun o Apostol, que xa fai varios anos que non falto. O que ibamos, aqui deixo o programa de festas do S. Froilán de Lugo. Haberá que pasarse por alí un dia... Ten moi boa pinta, xa que hai moitos concertos, e a maioria gratis. Eu preferia o domingo, supoño que outros prefiren o mercores... pero non se pode ter todo...

E case se me esquece pero... Felicidades Sr Kamino!!! Haberá q celebralo,non? Que un so cumpre anos unha vez cada 365 dias...

07/10/2008 11:20 Autor: Meris. enlace. Tema: Recunchos de Galicia Hay 2 comentarios.

MI TESOROOOOO...

20081009161308-movil.jpg

Non fai moito puxen un post sobre tres moviles que tiña en mente.

Pois xa me decidín, como podedes ver na foto. Por qué escollín o 6210 Navigator? Descartando xa o E65 tiña a dubida entre o N81 e o que escollín. Diferencias entre un e outro? O N81 ten wifi e o meu non, pero ten GPS. O N81 ten 2 Mp de cámara e o 6210 ten 3’2. E ademais o N81 é lixeiramente mais grande e pesado que o que merquei.

Despois probando na casa descubrin un montón de opcións, configuracións, aplicacións etc, etc que me van ter entretenida por unha longa tempada. Menos mal que non ten wifi, se non iba ser xa moito vicio.

09/10/2008 16:14 Autor: Meris. enlace. Tema: Tecnoloxia Hay 3 comentarios.

S. FROILÁN

20081013230538-s-froilan.jpg

Xa sei que contabades con un par de fotos das festas, a que si? Pois aqui están. Moitas non sacamos, en realidade so falta unha. Pero que ben o pasamos, a que si? Pero eu para a proxima vez quero subir en un par de atraccións das que me quedaron ganas.

O certo é que foi unha noite un pouco inusual... Teremos que informarnos mellor sobre a marcha luguesa (creo que xa sei a quen preguntarlle) e ir mais descansados e menos ansiosos, que andar todo o que andivemos, costa arriba e costa abaixo. Haberá que ver se teñen buzón de suxerencias no Concello de Lugo e pedirlles que vaian pensando en poñer un funicular ou algo...

13/10/2008 23:06 Autor: Meris. enlace. Tema: Recunchos de Galicia Hay 3 comentarios.

ADEUS Ó CINE LALÍN

Este fin de semana lendo o periodico entereime de que o van tirar.  Eu sempre pensei que alguén se apiadaria e se restauraria para teatro ou algo polo estilo, pero non, mañan tirano.

Polo que teño entendido, mercouno Caixa Galicia, e ainda non averigüei o que van facer no sitio. No Faro de Vigo saeu unha nova en setembro na que falan da posibilidade de facer un auditorio ou trasladar unha das sucursais de dita entidade bancaria.

A min dame moita peniña, xa que según me teñen contado meus pais, foi o primeiro cine que pisei (mellor dito, creo que iba no colo) cando eles foron ver Superman. Teñenme contado que me puxen a chorar e miña nai tivo que sair conmigo para fora. Normal, con un aniño que debia ter, seguro que eran demasiadas cousas novas para asimilar. Tanto ruido e aquela pantalla tan grande na que saia un home voando...

Xa de mais maior volvín moitas veces. Gustabame moito esa sala enorme, comparada cas dos multicines de Santiago. Sacar a entrada no ventanuco aquel pequeno, cruzar a porta e ver aquelas filas de butacas azuis cos grupiños de xente pegados ós radiadores das paredes. Dabame a impresión de retroceder uns cuantos anos atrás.

Busquei algunha foto da inauguración (alá pola decada dos 50) pero non atopei ningunha. Só unha de cando estaban a construir o cine e discoteca Campos. Outro que tamén desapareceu.

Este fin de semana fixeronlle unha homenaxe-despedida polo que puiden ler na Voz de Galicia e na web de O Naranxo, con exposicións, música en directo e comida, e onte con unha sesión de contacontos.

 

14/10/2008 11:54 Autor: Meris. enlace. Tema: Cine Hay 1 comentario.

CENSURA

Este venres estrease  a película Diario de una ninfomana. Está basada nun best seller un pouco polemico, pero con bastante éxito. O tema podia pasar mais desapercibido, de non ser por todo o lio que se montou en Madrid. Polo visto querian poñer este cartel nas marquesinas das paradas de autobus, pero non lles deixaron. Pensaban que seria pola provocación de lenceria negra e a man insinuante, pero non, porque propuxeron unha paxina en branco e tampouco lles deixaron. O problema é a palabra ninfomana. Según a COPE e de dudosa legalidad y gratuitamente provocativa.

Realmente a pelicula está recomendada para maiores de 13, entón non entendo moi ben o por que de tanta polemica....

Aqui vos deixo un trailer, pero que saibades que busquei en algunhas webs e pidenche que te rexistres porque ten contido para maiores de 18...

En fin, non sei moi ben a donde imos parar.

 

15/10/2008 20:28 Autor: Meris. enlace. Tema: Cine Hay 3 comentarios.

COMO SERÁ A TUA DESCENDENCIA??

20081016125433-babe.jpg

Navegando polo Blog de Minah atopei esta curiosa aplicacion da web de Wolswagen. Subindo unha foto tua e outra da tua parella podese saber como serán os fillos. Tamen podes escoller se queres que se asemelle mais o pai ou a nai. Este seria o meu con Colin Farrell. Neste caso parecese mais a él. Mellor non poño a que se parece mais a min, que igual saides correndo...

16/10/2008 13:00 Autor: Meris. enlace. Hay 2 comentarios.

PENSANDO EN POSITIVO

Non este exactamente, pero un parecido foi o que vin hoxe as 8.30 cando entraba en Santiago.

Non lle saquei foto, porque iba conducindo (saindo da autopista) e ademais tampouco sei ata que punto a miña camara pode recoller estos efectos opticos.

Din que o final de cada un de estos hai un cofre cheo de moedas de ouro... Non se me deu por ir mirar onde acababa, pero si me saiu un sorriso. Gustoume porque é o primeiro que vexo dende que acabou o verán e fíxome pensar en positivo, pese que nada mais chegar a traballar non habia luz e non se podia facer nada... É o que teñen as reformas...

 

28/10/2008 12:02 Autor: Meris. enlace. Tema: Santiago Hay 1 comentario.

ULTIMA CARREIRA

O proximo fin de semana celebrase a última carreira de este mundial. A cousa está entre Hamilton e Massa, pero lixeiramente inclinada cara o inglés. Pois circula pola rede esta recreación en un videoxogo, de como Alonso vai axudar o Brasileño, encargandose de perxudicar a Lewis.

A resposta real verémola o domingo.

29/10/2008 11:40 Autor: Meris. enlace. Hay 1 comentario.

CUAN RÁPIDOS SODES?

45 palabras

Speedtest

Eu saquei 45 palabras ben e unha mal, que viñan sendo 266 caracteres por minuto.

O que fai esto de falar polo msn eh! Lengua fuera

Xa me diredes cantas conseguides vos. Podedes probar en outros idiomas.

30/10/2008 11:44 Autor: Meris. enlace. Tema: Tecnoloxia Hay 3 comentarios.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.