Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2008.
Resumen
- 04/11/2008 11:41 - E TI, APARCAS BEN?
- 07/11/2008 16:47 - COUSAS DIFICILES DE EXPLICAR...
- 10/11/2008 12:05 - OUTRA DIFERENCIA
- 17/11/2008 11:23 - MEME
- 21/11/2008 13:53 - OBK
- 25/11/2008 14:15 - A FESTA NON VAI PARAR
E TI, APARCAS BEN?

Despois de ver esta foto a ver quen é o que ten algo que decirme sobre se aparco ben ou mal. De acordo que me tomo o meu tempo, que para o coche que teño, creo que non é tanto. Pero polo menos deixo o coche no medio das raias, non ocupando duas prazas ou a saida de un garaxe ou cousas asi. Ollo que hai moita xenta armada con camaras de fotos que logo mandan a web de Aparcascomoelculo e claro, pode ver as vosas cafradas quen queira...

Se sodes vos os que vedes algunha pifiada, na mesma web podedes imprimir unha nota e deixala no parabrisas en plan informativo, a ver se asi axudamos a que a xente sexa un pouco mais xenerosa e chame menos a atención. Eu estou segura que os que teñen cochazos novos aparcan mal para que nos fixemos mais neles...
COUSAS DIFICILES DE EXPLICAR...
O martes comendo nunha das cafeterias do Campus Sur, habia dous rapaces e unha rapaza sentados o meu lado.

Non estaba moi metida na sua conversa, estaba mais atenta a tele. Pero non puiden evitar poñer a orella cando realmente me din conta do que estaban falando. A rapaza decia que se tomara unha pastilla porque lle doian os ovarios, e un dos rapaces preguntaballe como era unha dor de ovarios. Que xa sabia que debia doer moito, e pensaba que sería algo asi como unha dor de estomago. Esta conversa fixome pensar en este tipo de cousas. Como por exemplo que eles nos intenten explicar o que doe un rodillazo nas suas partes. Si debe doer moito, pero con que se pode comparar? Como lle podes explicar a alguen que che doe un organo que esa persoa non ten?
Polo menos estes rapaces mostrabanse comprensivos. Eu recordo nunha excursión do instituto que unha rapaza tivo que quedar dentro do autobus do mal que se atopaba, e un compañeiro cando a viu non tivo mellor ocurrencia que decir: "Bah! eso non é nada... ela non sabe o que é ter que afeitarse todas as semanas... " Si tio listo, polo menos dime que te depilas, que é algo que doe. Anda que cando sexas mais vello, como teñas que traballar cara o publico teñas que afeitarte mais a miudo... En ese momento dixenlle algo como que ela non quedaba por vagancia, se non porque se atopaba mal, e el se lle fastidiaba afeirtarse non era por dor, se non por nugallan. Non lembro exactamente as palabras, pero algunha borderia das miñas dixen . Sentinme indignada, e tamén un pouco de vergoña allea pola sua ignorancia.
Esta é unha das cousas que os homes nunca entenderan das mulleres. Ainda que estes dous mozos polo menos intentabano...
OUTRA DIFERENCIA
Conversación dun venres pola noite as tantas da noite con unhas cervexas/copas enriba da mesa:
Por que os homes non son capaces de percibir as cores da mesma maneira que as mulleres? Varias veces tivemos esa conversa, de que nos temos un rango mais amplio para distinguir os tonos, que si "rosa palo, rosa chicle, azul turquesa, azul marino, beige, blanco roto..." Pois resulta que ten unha explicación cientifica.
Como recordaredes de EXB a retina esta formada por conos e bastóns. Pois a explicación que nos deu Noe (experta en cores e pátinas) é porque as mulleres temos mais células sensibles a luz (conos e bastóns) que os homes. Eso é debido a que as mulleres temos dous cromosomas X e o home so un. Polo visto hai varios estudios sobre o tema.
Aqui vos deixo alguns links para os curiosos:
Cognitive Daily (en inglés)

E aquí vos deixo un link por si queredes facer unha proba de percepción de cores como o debuxo de arriba.
MEME
Aquí estou de novo, despois de varios dias enferma e tirada na cama con febre, e ca gorxa ó vivo e con algo semellante a duas pelotas de golf na boca, sen publicar nin ler o correo nin nada. Aquí estamos outra vez...

Chegame via Dorvisou un Meme de seis praceres cotiáns. Esas cousiñas que facemos case todos os dias e non lles damos importancia.
1.- Ver unha boa película tirada no sofá tapada con unha manta mentras fora se escoita chover. Se pode ser acubillada no colo dun bo mozo, mellor.
2.- Conducir. E non me refiro o camiño que fago todos os dias para vir traballar, se non a subirme no coche e conducir varias horas eu soa, con un rumbo fixo, pero sen presa, escoitando música e pensando nas miñas cousas.
3.- Nadar. Tirarme na piscina sexa verán ou inverno e facer uns largos, desconectando de todo o que pasa fora da auga.
4.- Camiñar calquera tarde de outono, polo medio das follas caidas, arrastrando os pes coma os nenos pequenos.
5.- Ler un libro tirada na toalla unha tarde de verán a beira do mar. Ou sen que sexa verán, tamén me vale estar sentada nunhas pedras, con tal de ter como Banda Sonora o ruxir das olas.
6.- Unha caña cos amigos despois de traballar, mentras saboreamos unhas aceitunas e intentamos arranxar o mundo...
Agora pásolle o testigo se lles apetece, a Larissima, Piti, Kamino e Shun.
OBK
Acordadesvos de esta canción:
Historias de amor
ojos que miran con ilusión
pasiones vividas entre los dos
imposibles de borrar....
Famosiiiiisima na miña pre-adolescencia. Pois o pasado setembro estes dous "mozos" sacaron uno novo disco a luz despois de tres anos. Aqui vos deixo o video do novo single.
E digo eu... Volverán a ter o mesmo exito que nos 90?
A FESTA NON VAI PARAR
Este sábado de copas nun pub en Melide sonaba esta canción. Chamoume a atención, porque xa a oira e fixerame moita gracia. Pois ben, que saibades que aparte de ser a primeira cancion dance en galego, vai participar no festival Eurodance representando a España. Ven da man do coruñes Dj Son1c que se non me equivoco, pincha en Tatoo na Estrada.
O mellor de todo é que ainda podemos VOTAR porque o resultado coñecerase en decembro, (que xa sei que non falta nada). E para que vos animedes a facelo, deberiades saber que de momento está na quinta posición de 40 participantes.
















