Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2008.
Resumen
- 05/05/2008 11:14 - SEGOVIA
- 06/05/2008 09:06 - TOLEDO
- 08/05/2008 09:45 - NOVO XOGUETE
- 12/05/2008 09:51 - M30
- 13/05/2008 12:13 - THE KNIGHT RIDER
- 16/05/2008 11:40 - ABANDONO??
- 21/05/2008 12:05 - ARQUITECTURA
- 22/05/2008 11:45 - MIAMI VICE
- 28/05/2008 11:41 - PAINTABALL
SEGOVIA
Windows Live Spaces
Aqui vai un resumo fotografico da ponte do 1 de Maio.
Dia 2 en Segovia, con diversas anecdotas. De cañas ata as 6.15 da tarde que nos chamou don Sancho para decirnos que podiamos ir a comer, que xa tiñan sitio. O que non tiñan era cochinillo, e tivemonos que conformar co cochifrito. Volta a Madrid e pizzas na terraza, polos pelos, porque xantando as 6.30 da tarde, dan as 12 da noite e non tes fame, claro... Loxicamente non puidemos entrar no Alcazar nin na Catedral, porque a esas horas... Pero por fora moi bonito todo.
TOLEDO
Windows Live Spaces
Dia 3 en Toledo. Polo menos movemonos en horarios un pouco mais "normais" e tivemos tempo para facer un pouco de todo sen presas. Unhas cañas antes de comer, comida a unha hora prudente, dar un paseo pola cidade,ir ata o Alcazar e a muralla, ver a Catedral e algunha Sinagoga, volver a tomar outras cañas, seguir paseando... Decir que efectivamente as ruas de Toledo son moi estreitas. Imaxinabame que o eran, pero tanto tanto...
NOVO XOGUETE

Este é o meu novo xoguete que chegou onte as miñas mans. Estivena probando, e non está nada mal. Tendo en conta o pouco que controlo eu de video, creo que vou sobrada. Cando a saquei da caixa asusteime, porque é moi pequena, e pensei: Ufff, veremos se non a perdo...
De todas formas non vou abandonar a fotografia, tendo en conta que xa me seleccionaron case 40 fotos para Google Earth... seguro que cae algunha mais, porque teño moitas sen revisar ainda. Se vai ser que me equivoquei de profesión...
M30
A M30 de Madrid ten a fama de caotica moi merecida. Chegamos a conclusión de que está feita para os madrileños, para que non entre mais xente de fora, que se ve que na cidade hai moita. Supoño que cando levas unha semana pasando cada dia polo mesmo sitio, xa te fas unha idea, pero se vas de novo, tendo en conta que nos tuneles non hai sinal de GPS e o transitada que pode estar unha xornada laboral normal... En fin, que atopei este mapa por ahi, e fixome gracia. Tamen me fixo gracia cando me vin dentro dos tuneles por terceira vez en media hora, seguindo a Nes, ainda que os do coche de adiante creo que non lles facia tanto chiste.
THE KNIGHT RIDER
Knight Rider Returns - More amazing videos are a click away
Anunciada como un gran estreno en televisión, pero para o meu gusto preferia a versión anterior. Supoño que porque medrei con Michael Knight e as suas camisas abertas e cazadoras de cuero, e co Pontiac Firebird que se desdoblaba ó pulsar o TurboBoost para sair a todo gas, e saltaba calquera obstaculo co Rocket Boost.. Pero os anos pasan e hai que ir deixando paso as novas xeneracions, e a nanotecnoloxia do novo Mustang Shelby GT500KR.
![]()
El coche fantástico es una trepidante aventura de un hombre que no existe, en un mundo lleno de peligros. Michael Knight, un joven solitario embarcado en una cruzada para salvar la causa de los inocentes, los indefensos, los débiles, dentro de un mundo de criminales que operan al margen de la ley...
ABANDONO??

Recoñecedes este lugar?
É unha foto tomada nunha rua de Santiago, e correspondese a parte de atras de un edificio (quizais o segundo mais visitado da cidade, despois da Catedral,claro) situado moi cerquiña da zona vella. Supoñiase que ian facer unha urbanización de pisos de luxo, que efectivamente xa estan habitados. Pero concretamente esta parte ainda esta mais ou menos como fai case unha década, cando cerraron o edificio. Deciase por ahí que se rehabilitaria como Centro de Dia pero polo momento as gruas estan diante, pero eu avance, non vexo ningun.
Comentabamos que estaria ben entrar, para ver como estan as cousas por dentro, pero non vimos oco para colarnos. Ainda que entrando de noite seguro que atopamos algun espiritu...
ARQUITECTURA


Non sei se recoñecedes estas fotos. A primeira correspondese a Urbanización de Santiago Sup5 de A Choupana. Cando comezaron a facer estes edificios todo o mundo me decia que eran feísimos, e mentras eu opinaba que non estaban tan mal, vacilabanme porque non tiña gusto ningún. si esos que teñen forma de vela e están sobre unhas columnas inclinadas. Pois o pasado mes de febreiro obtiveron un dos sete premios ARQano que conceden os arquitectos do Noroeste da peninsula. Menos mal que non son a unica que opina que non son tan feos.
A segunda foto correspondese a rehabilitación da ponte medieval de Ponte Ledesma (Vila de Cruces-Boqueixón) que co tempo que fai que a pecharon o trafico, ainda non pasei por alí. De feito, creo que a última vez debeu ser no bus Cruces-Santiago...
MIAMI VICE
Miami vice -Intro - Corrupción en Miami
O que fai a nostalxia. Deuseme por recordar series dos 80. Esta foi a primeira a que me enganchei. Recordo que a poñian polas noites e se mal non recordo tiña un rombo, co cal alí estaban meus pais por se a cousa se emocionaba e habia que mandarme pra cama.
O ano pasado estreouse nos cines a pelicula con Colin Farrell como protagonista, que non lle desmerece nada a Don Jonson no seu esplendor dos 80. Xa vos imaxinaredes que babeaba polo Sony Croket da serie, e agora tocalle o da pelicula.
A musica que vos deixo é o tema principal da pelicula. Tamén ten o seu aquel, non sei se será polo moito que me gusta Linking in Park...
PAINTABALL
Aqui estamos os do meu equipo en posición de vamos a por ellos!!!! Vaia masacre! Despois de xogar X partidas e perder gran parte delas, batimonos en duelo, e veña, mais masacre! Pero a pesar de todo, que ben o pasamos!!! Na segunda foto podedes ver o acojonadiños que ibamos, que con todos os escondites que habia, estabamos 5 no mesmo...
















