Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2008.

Resumen

PEIXES DE CORES

20080303095005-imagen030.jpg

Na festa do Queixo en Arzua, tomandonos unhas copas nun bar que tiña un acuario.Grande discusion o sabado pola noite as 5 e pico da mañan...

No medio de 5 ou 6 peixes de cor laranxa, atopamos este gris (que se pode ver detras da pedra da mesma cor) e así empezou o gran debate entre Kamino e Meris. Eu sigo decindo que estaba vivo. Que no medio de tantos peixes de cores, se o pobre era gris, normal que quixera agocharse. Estariá deprimido, canso de nos ou pensando en suicidarse. Pero sigo mantendo que estaba vivo.

Pero sen dubida, o triunfo da noite foron as Carteiras Maxicas!!!! E os guarapitos mellor que os mojitos.

O queixo nin o probamos, pero os bocatas de chourizo ben bos que estaban...

 

03/03/2008 09:56 Autor: Meris. enlace. Tema: Recunchos de Galicia Hay 3 comentarios.

EN EL PUNTO DE MIRA

Hoxe fago este post dedicado a pelicula "En el punto de mira" orixinalmente titulada "Vantage point"

A critica non é especialmente boa. Baixo o meu humilde punto de vista, decir que sain bastante descontenta da sala. Como ben pon no cartel, son 8 puntos de vista. Pero que empecen con un protagonista, e logo volver o principio para seguir co segundo e asi 8 veces... Cando vas polo 4º xa estas cansado. E non só iso, senon que non me parece xusto que se faga unha pelicula baseada en Salamanca, e o único de España que haxa sexan os coches, a réplica da Plaza Maior da cidade e un dos protagonistas. Tamen me parece un pouco ridiculo que se a pelicula empeza nunha cumbre mundial contra o terrorismo, so se vexan bandeirins españois. Seguiria criticando, pero supoño que a alguen lle gustará.

Puntos a favor: E. Noriega está moi bo, e saín con ganas de mercar un Opel Astra...

04/03/2008 09:53 Autor: Meris. enlace. Tema: Cine Hay 1 comentario.

CAFE

20080305091922-imagen034.jpg

Deberia darme vergoña pasarme unha semana por Italia e non tomar un Capuccino. O unico que tomei foi no aeroporto a volta antes de embarcar. E claro, diferencia cos de calquera cafeteria de aquí? Ningunha. A foto é de un que me tomei onte con Piki e David despois de comer.

Chamase Capuccino Iacubus e polo visto leva un toque especial da casa. Que nin Piki nin eu soubemos o que era, so que levaba alcohol. Que digo eu que xa o podian especificar.

Boa pinta, verdade? Eu prefiros con nata.

 

05/03/2008 09:19 Autor: Meris. enlace. Tema: Italia Hay 2 comentarios.

PERFECCION

Fisicamente, perfecto.

Ningun dos dous ten desperdicio, pero o colaborador levouse todos os puntos cando Deus reparteu a perfección. E cantando italiano ten o seu aquel...

06/03/2008 10:28 Autor: Meris. enlace. Tema: Musica Hay 4 comentarios.

ANGEL OR DEVIL?

 

Encantame esta actriz. Será polo fisico, pola sua profesionalidade, pola faceta humanitaria, ou como nai. Eu de maior quero ser coma ela.

Tanto pode facer de superheroina cañón, como de mala malisima con caracter, como de víctima da que sentir verdadeira lástima.

So lle falta que a tatuaxe esa da espalda fose un Dragon en vez de un tigre, e deixar flequillo, estaria mais guapa (se ten para donde).


Estas duas tampouco están nada mal. (Opinión estrictamente masculina) pero eu persoalmente prefiroas morenas. Por que será???

 

 

07/03/2008 09:58 Autor: Meris. enlace. Hay 3 comentarios.

SALVEMOS EUROVISIÓN????

Fin de semana de votacións. Unhas para o futuro dos proximos 4 anos, e as outras para ver cando se cansan os de eurovisión de nos e non nos deixan presentarnos mais.

Titulo do programa: Salvemos Eurovisión. Pero a min dame que desta non nos salvamos, a non ser que premien a orixinalidade. Agora que a cancion do verán xa vos imaxinades cal é, verdade?

10/03/2008 10:30 Autor: Meris. enlace. Tema: Musica Hay 1 comentario.

ARRANCAMOS

Este fin de semana comezan os GP de F1. Primeiro Australia, que os que queiramos ver a carreira tocaranos madrugar, ou ir de marcha e chegar cedo a casa. Logo Malasia, Bahrain e a finais de abril Montmeló!!! Así ata novembro en Sao Paulo, estreando o novo circuito urbano de Valencia en agosto. De todas formas se queredes mais datos podedes mirar aqui.
11/03/2008 11:36 Autor: Meris. enlace. Hay 2 comentarios.

OLAS



Estaredes cansos de ver esta imaxe na televisión. É unha ola en Riazor.

Encantame A Coruña, o mar e conducir, pero non me gustaria nadiña ir dentro do coche branco.

12/03/2008 13:11 Autor: Meris. enlace. Tema: Recunchos de Galicia Hay 2 comentarios.

ESTRELAS

 

 

Din que todos temos unha estrela... Pois a ver quen se levou a miña, que fai tempo que a estou buscando.

Tamén din que uns nacen con estrela e outros estrelados... Será eso?

14/03/2008 17:35 Autor: Meris. enlace. Hay 3 comentarios.

AROUND THE DECKS

Este post vai especialmente para Enrique, xa que comparte os mesmos gustos ca min os domingos. Despois de buscar e buscar, atopeina x fin.

So me falta atopala en mp3 para poñela de tono de chamada no mobil...

 

17/03/2008 13:58 Autor: Meris. enlace. Tema: Cine Hay 3 comentarios.

RESUMO

sem santa


Pois este é un resumo fotografico da miña S Santa. Xa sei que fai un montón que pasou, pero a min ainda me chegaron parte das fotos este finde. Asique nada: Chourizada en Oirós e paseo por Baiona, O Rosal e A Guarda.

31/03/2008 17:03 Autor: Meris. enlace. Tema: Recunchos de Galicia Hay 1 comentario.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.