Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2008.
Resumen
- 03/06/2008 17:24 - LE EN GALEGO
- 06/06/2008 11:05 - FESTA EN CARBOEIRO
- 09/06/2008 12:51 - SABADO COMPLETO
- 17/06/2008 13:30 - CASTING
- 19/06/2008 19:23 - EU QUERO UN COCHE ASI...
- 24/06/2008 17:18 - NOITE DAS BRUXAS
- 25/06/2008 11:05 - ARQUITECTURA
LE EN GALEGO
Aqui vos deixo un video que fixeron os alumnos do IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces, para a animación a lectura. (Gracias a Piti por enviarmo)
FESTA EN CARBOEIRO

Veña, vamonos de festa o Mosteiro de Carboeiro. Eu xa non fun o ano pasado, preferin ir facer espeleo e remar... Pero este ano tocalle, que din os rumores que hai un fulano q pon uns chupitos de L.K. que estan de medo...
Se a alguén lle interesa, podedes ver o programa no blog de Malmequer.
SABADO COMPLETO
1.-Chupito de L.K.
2.-Vermouth
3.-Café (mais pequeno que o chupito de l.k.)
4.- O Follonero (camareiro)
5.- Procesion de Sta Ferreña
6.- Kamino, o campeón de pesca de botella con paraugas
7.- Xogos tradicionais
8.- Os de enfrente
9.- Meris e Pol xogando
Como ben dixen no post anterior, nunca fora a festa de Carboeiro, pero quedeime con ganas de repetir. A verdade e que o sabado foi un dia completiño. Comezando pola sesion vermouth, seguindo ca comida, pola tarde facendo amigos e tirados nas pedras o lado do rio. E pola noite... Sorpresa! sin saber moi ben como (xa que non é o meu estilo) aparecín no Verea Rock. Valeu a pena xa so por escoitar a Xavinho, o vocal de NAO (que me encanta a sua voz) cantando unha cancion con Berri Txarrak.

CASTING
Porque me rio moito con esta serie. Seguro que todos a coñecedes: Cálico Electrónico
Eu nunca vira ningun capitulo enteiro, pero agora collinlle o gusto. Este é un dos sketch que mais me gustou. Agradecerlle o aporte a Veli: Quisiera ser pirata...
EU QUERO UN COCHE ASI...
Una conductora recibe una multa en la que un radar le atribuye ir a 750 km/h por una calle de Vigo
Su abogado dice que los errores de estas máquinas «llevan a inocentes a la cárcel»
______________________________________________
¿Es un pájaro? ¿Es un avión? No, es la conductora de un Mini Cooper que supuestamente circulaba a 750 kilómetros por hora por la avenida de Castelao, número 40, en el barrio vigués de Coia, durante la medianoche del pasado 18 de marzo. La dueña del vehículo creyó que alguien le quería gastar una broma pero la Policía Local de Vigo le envió la correspondiente multa donde prueba que el radar cazó al coche a esa fabulosa velocidad.

Podedes ler toda a noticia no enlace de La Voz de Galicia
NOITE DAS BRUXAS

Cando a noite de S Xoan coincida en fin de semana, verei se enredo a alguen para que veña conmigo a saltar o lume das fogueiras á Coruña. Nunca estiven, pero sempre me chamou moito a atención. Esta foto é da pasada noite na praia do Orzan. Está ben esto de facer a fogueira na praia, porque chega un punto da noite que corres o risco de caer no lume, asi polo menos tes a auga cerca...
ARQUITECTURA
Hoxe levanteime con esta noticia. Xa sabedes o meu peculiar interese polo tema da arquitectura... Pois o arquitecto italiano David Fisher está construindo dous edificios xiratorios. Como podedes ver no video, cada un dos pisos pode estar orientado cara onde os seus habitantes queiran.
Esta noticia coincide co aniversario do nacemento de Gaudí, que tamén era unha das mentes previlexiadas para a sua época. Os que coñezades a sua obra estaredes de acordo conmigo... Aqui vos deixo unhas fotos de dous dos seus edificios de Barcelona. O primeiro a Pedrera ou casa Milá, impresionante por dentro e por fora, dende o primeiro piso ata os tellados; e o segundo a Sagrada Familia, (ainda sen rematar) visita obrigada da cidade, e que pode deixar sen palabras a calquera que pase por diante, ou entre e suba as torres.
![]()

















