Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2008.
Resumen
- 01/02/2008 11:39 - ÉZARO
- 07/02/2008 12:17 - BERENGUELA
- 12/02/2008 10:28 - PORTOMARÍN
- 13/02/2008 10:26 - SALVA A LA ANIMADORA, SALVARÁS EL MUNDO.
- 15/02/2008 12:17 - CUANDO AMANECE
- 18/02/2008 09:46 - PARENTESE
- 25/02/2008 12:59 - ROMA
- 26/02/2008 09:41 - SIENA
- 27/02/2008 09:57 - PISA
- 27/02/2008 17:17 - YA ES MIOOOOOOO
- 28/02/2008 10:42 - FIRENZE
01/02/2008
ÉZARO

Pasear pola costa galega é un dos mellores regalos que lle podemos facer os nosos ollos. Sobre todo nos pobos mariñeiros que ainda non estan invadidos polo bum inmobiliario. Esta foto foi sacada no Ézaro, e sería de postal se poidesemos borrar as enormes tuberias que canalizan a auga dende a presa do rio Xallas ata a central eléctrica. Construida alá polos anos 80 convirteu o unico río de Europa que desemboca no mar en forma de fervenza, nun atractivo turistico so para os fins de semana. Dende aquela, abren as comportas os sabados e domingos pola mañan.
Se a esto lle sumamos os aeroxeneradores que "plantaron" no monte que se ve o fondo... quedome sen comentarios.
Pero a pesar de todo isto, podemos subir o mirador que hai preto da presa de Sta Uxia e divisar a ensenada e o pobo do Ézaro, o monte Pindo, a praia...
Unha paisaxe digna de ver.
07/02/2008
BERENGUELA

A semana pasada tiven que ir a zona vella da cidade, asique aproveitando saquei unhas fotos. Que parece mentira con todos os anos que levo aqui, que non teña case fotos dos monumentos da cidade.
Esta é a Torre da Berenguela, que debe o seu nome a campá maior que alberga. Tamén coñecida como a Torre do Reloxo, xa que ten catro esferas (unha por cada lado) que curiosamente so marcan as horas. Se non o fixestes xa, fixadevos que só ten a agulla das horas. No seu cumio está situada a Linterna, que é unha luz que se encende nos Anos Santos (para guiar os peregrinos) ou en ocasions especiais.
12/02/2008
PORTOMARÍN

Xa sabedes que cando ven o bo tempo me gusta aproveitar para ir pasear por algun recuncho de Galicia. Este domingo tocoulle a Portomarín. A primeira vez que fun, debeu ser fai uns 15 anos e recordo que me agradou.
Portomarín naceu o lado dunha ponte romana que foi derruida e reconstruida na Idade Media. A vila que agora vemos é relativamente nova, xa que a antiga quedou debaixo do embalse de Belesar ala polos anos 60. Os veciños decidiron trasladar o pobo a ladeira de Monte do Cristo levandose literalmente algun monumento, como a igrexa-fortaleza. Marcaron as pedras unha por unha e subironas monte arriba. Nestes dias que o nivel do embalse está tan baixo, podemos cruzar o Miño de lado a lado pola ponte vella e pasear polas ruinas dos seus barrios, o de S Pedro e o de S Xoan, situados nas ribeiras do rio...
Aqui poderedes ver algunhas fotos antigas , de como era o pobo antes de ser anegado.
13/02/2008
SALVA A LA ANIMADORA, SALVARÁS EL MUNDO.
Os que estivestes/estades enganchados a esta serie,(ben sexa na TVG ou SCFI) xa sabredes cal é nada mais ver o título do artigo.
Non entendo como co boa que é acabaron por sacala da programación da TVG. Queda baixala de internet ou contratar SCFI. En EEUU van pola 2ª temporada, que en España empezarase a emitir a finais deste mes. Agora que rematou a folga de guionistas, toca esperar a que fagan a 3ª...
15/02/2008
CUANDO AMANECE
Dentro de duas semanas novo disco!!!!
Para gustos, cores. A min gustanme, e moito.
18/02/2008
PARENTESE

Alá me vou, de "vacacións" ainda que eu mais ben diria que é un pequeno parentese. Despois do que currei a semana pasada e de todas as voltas que din cos billetes, creo que mo merezco.
A proxima entrada será seguramente con fotos de algun dos sitios do mapa. Que vos sexa leve e non me botedes de menos (que xa sei que non o ides facer...)
25/02/2008
ROMA
| | |
| | |
| | |
Primeira foto: eu tirando a moeda na Fontana de Trevi
Segunda foto: teito da Capilla Sixtina
Terceira:coliseo (non fai falta ser moi listos para recoñecelo)
Cuarta: Foro Romano (mais ben os restos)
Quinta: Plaza do Popolo
Sexta: Vaticano
Subireinas en breve a flikr e xa podedes ver moitas no meu espacio do msn.
26/02/2008
SIENA
Como vistes no post anterior, Roma é impresionante. Está un pouco sucio, si, é a fama que ten... Pero impresiona. Sair da boca do metro e atoparte a imensidade do Coliseo diante de ti, ou imaxinarte como de fascinante seria o Foro nos seus tempos de apoxeo. Estar no medio da Plaza do Vaticano e mirar o teu redor, dentro de S Pablo e alzar a vista para ver a cúpula. Chegar a Capilla Sixtina, tantas veces vista en fotos e por fin vela en persoa. E así mais cousas como a Fontana de Trevi, o mirador da Plaza do Pópolo...
E despois de todo isto, alugamos un coche para ir a Florencia e poder achegarnos tamén a Siena e Pisa. As imaxes que poño hoxe son de Siena.
| | |
| | |
| | |
1ª.- Duomo
2ª.- Torre del Mangia, Palacio Publico e Plaza del Campo
3ª.- Plaza del Campo (En forma de abanico)
4ª.- Vista panoramica
5ª.- Plaza do Mercado
6ª.- Fontana de Gaia (Na Plaza do Campo)
27/02/2008
PISA
Seguimos ca ruta italiana. Despois de comer pizza e un gran xelado tirados o sol na Plaza do Campo de Siena, tiramos cara Pisa. Non puidemos subir a torre por chegar 2 min tarde... Decirvos que nas fotos non se aprecia a realidade do torcida que está. Vista alí o lado asusta un pouco. Comentar que a torre foi construida en duas fases. Na primeira delas construironse tres pisos e por motivos descoñecidos parouse a obra. Logo, cando seguiron cos catro restantes, xa estaba un pouco torcida, e intentaron correxilo nos pisos superiores. Pero debido a que está asentada en terreo arxiloso, continuou inclinandose. Na actualidade cimentaron o seu redor e anclarona con cables (como podedes ver na primeira foto). Polo demais, a cidade e pequena, ten un par de plazas, un par de ruas de tendas con moito movemento, e na zona do Duomo un monton de postos de recordos...
| | |
1.- Torre vista dende a parte de atras,donde se aprecian os cables que a suxeitan
2.- Torre vista dende o Duomo
3.- Duomo e Torre vistas dende o lado do Baptisterio
4.- Vista de Pisa dende unha das pontes do Rio Arno.
YA ES MIOOOOOOO

Xa está nas miñas mans dende onte (antes non podia ser, q non estaba a venda) con 12 cancions e moitas cousas exclusivas e tal e tal.
Asique darlle as gracias especialmente a Marta por recordarmo e a Ion decirlle, q vale, q non mola tanto como os anteriores... (opinion exclusivamente personal) pero siguen tendo a sua chispa. E a algun dos meus colegas de Oiros que len este blogue, decirlles que si, que me poden vacilar, que non hai maneira de levarme polo bo camiño...
28/02/2008
FIRENZE
A ultima parada foi Florencia. Que cidade! Non saberia como explicalo con palabras. Canta razón tiña Eva o decirme o moito que lle gustara...
Todo moi limpo, moi ben conservado, con mercadiños polas plazas, os soportais impresionantes, o Duomo e as vistas dende a cupula, a Ponte Vecchio, Sta Maria Novella...
Fotos mais representativas...
| | |
| | |
| | |
1.- Ponte Vecchio de noite.
2.- Vista panoramica dende a cúpula do Duomo. Podese ver o Campanile do Duomo e detrás a Piazza della Repubblica cos soportais.
3.- Campanile do Duomo de noite. Se vos fixades observase un anaquiño da cúpula.
4.- Palazzo Vecchio, sede do concello. Situado na Plaza da Signoria, o lado das Galerias do Uffizi.
5.- Vista panoramica dende o mirador da Basilica de S Mininiato al Monte. Podese ver o Duomo e a torre do Palacio e a Ponte Vecchio.
6.- Plaza e igrexa de Sta Croce, cerquiña do hotel.
En resume, decir que (se non vos destes conta) disfrutei un monton da viaxe. Non se pode explicar con palabras...
A comida? uffff, na miña vida comin pizzas tan boas, e as pastas nada que ver con esto. Por suposto os xelados tamén! Todo o que vin me gustou. Sen problemas co idioma nin nada.
Supoño que a boa compañia tamén axudou moito o feito de que fose unha viaxe agradable, grandes risas (e discusións tamén). Gracias por non deixarme conducir, que os italianos van como loooooooocos. E a inestimable axuda de Martita... que ainda q as veces nos puxera dos nervios, houberamos dado mais voltas para chegar a moitos dos lugares.


















