Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2008.

Resumen

PARA TODO HAI UNHA PRIMEIRA VEZ...

20081201112255-tartaqueixo.jpg

A maioria de vos xa sabedes que o meu forte non é a cociña, pero menos ainda cociñar doces no forno. Eso sin contar que prefiro cociñar cousas saladas antes que as doces. Sacando os postres Royal (preferiblemente tarta de queixo ou flan, que probei a facer mais que me sairon ben, pero o meu paladar prefiere os clasicos) non se me ocurre meterme na cociña a facer ningun tipo de tarta ou biscoito. Pois aqui tedes a miña primeira experiencia. Ca axuda de miña nai, claro que se lle da o forno mellor que a min. O venres decidinme a probar ese mundiño facendo unha tarta de queixo para a cea que nos preparou Rebeca. Pero creo que ainda que a presentación non foi mala de todo, tardarei en volver experimentar...

01/12/2008 11:23 Autor: Meris. enlace. Tema: Santiago Hay 3 comentarios.

EN TEMPOS DE CRISE, E MALGASTAMOS OS CARTOS...

Como ben recordaredes, o pasado mes houbo moita polemica pola "Cúpula de Barceló" do Palacio das Nacións en Xenebra. O artista español foi o encargado de decorar a cúpula da "Sala de los Derechos Humanos" que se inaugurou o 18 de Novembro. A obra foi bastante criticada (con razón, baixo o meu punto de vista) polos 20 millóns de euros que custou. De todos eses cartos España aportou mais ou menos uns sete millons e medio. Non me vou meter no que se poderia facer con todos eses cartos, pero seguro que iban mellor empregados en calquera outra cousa.

Pois ben, parece de broma, pero hoxe a primeira noticia que me chamou a atención no periódico foi que un diario suizo publica que se desmorona. Polo visto a ONU intenta ocultar o incidente dicindo que so se estan a facer algunha obra para uns pequenos retoques. Unha fonte dos servicios técnicos da ONU dixo que debido a calor e o tipo de pintura empleada pode haber mais problemas.

Hai que tocarse as narices! ca pasta que costou e por encima que a pintura sexa de mala calidade. Estes deben ser da escola de Pepe Gotera y Otilio.

04/12/2008 12:39 Autor: Meris. enlace. Tema: Polo mundo Hay 3 comentarios.

CREPÚSCULO

A película deste fin de semana foi a de Crepúsculo. Estrearona o venres e xa coñezo a varias persoas que a foron ver, e teñen mais ou menos a mesma opinión ca min. O que aparenta no trailer (o video de arriba) é unha pelicula de vampiros tenebrosa, pero non é exactamente así.

Gustar, gustoume moito, xa que ainda que conta unha historia de amor, nada ten que ver cas peliculas romanticursis e empalagosas que cansan os 15 min. Ademais de que os protagonistas son guapos, hai mais cousas que me gustaron, como por exemplo a BSO, que ten algunha canción de Muse que a min xa me sonaba de algo...

A pelicula esta baseada nunha novela de Stephenie Meyer que forma parte de unha saga de catro libros, co cal deberiamos esperar algunha pelicula mais. Eu de momento xa sei o que vou pedir para reis ou o cumpreanos (se antes acabo de ler o libro que teño pendiente).

 

09/12/2008 18:27 Autor: Meris. enlace. Tema: Cine Hay 1 comentario.

CENSURA (II)

Alá polo comezo da decada dos ’90  (ou finais dos ’80) apareceu en antena unha nova cadea de televisión: Tele5. En aqueles anos era todo un descubrimento, porque que so tiñamos tres cadeas (TVE1 e 2, e TVG) e apareceron outras tres, das cales Tele5 era a mais escandalosa polos seus programas con alto contido en "material provocativo" como as Mamachicho cos seus bailes sensuais ou sobre todo as peliculas de Jaimito.

Pois ben, por aqueles tempos un dos maiores accionistas era Silvio Berlusconi, actual presidente de Italia. E pensaba eu: vaia cos italianos! que pervertidos!! Pero como cambiou o conto, porque estes dias emiteuse na Rai2 (equivalente a TV2 en Italia) a pelicula gañadora de 3 oscars Brokeback Mountain. A polemica ven porque foi emitida en versión censurada, sacando un par de esceas subidas de tono, ainda que foi programada para as 22.45 (fora do horario para todos os publicos). Un pouco raro que unha cadea estatal censure unha pelicula que gañou un Leon de Ouro na Mostra de Venecia, festival moi importante no pais. Loxicamente as asociacións de gays italianas denunciaron os feitos e piden que se repoña sin censuras.

O que iba; un pouco contradictorio todo esto,non?

 

11/12/2008 11:42 Autor: Meris. enlace. Tema: Italia Hay 4 comentarios.

ARTE NA RUA

Admiro moito a xente que é capaz de facer un bo graffiti, pero neste caso chamame moito a atención este artista: Peter Gibson, coñecido como Roadsworth. Este artista comezou en 2001 pintando os carrís bici da cidade de Montreal. Logo detiverono as autoridades por deteriorar as marcas viais; pero gracias a poboación do lugar, a sentencia foi menor. Non quedan mal de todo, e algo de bo humor e imaxinación tamén ten.

Aqui vos deixo algunhas imaxes.

15/12/2008 17:46 Autor: Meris. enlace. Hay 2 comentarios.

COMEZANDO CA SAGA

20081216124609-crepusculo.jpg

Aproveitando estes dias de auga e neve rematei por fin de ler El Libro del Aire y de las Sombras. O certo e que me obliguei  a min mesma a rematalo, xa que me estaba esperando un "autorregalo" ó que lle tiña moitas ganas. Xa vos falei destos libros un pouco mais abaixo, dado que vin a película e gustomume moito. Dame igual que sexa literatura xuvenil, non vos imaxinades a de veces que lin e relín No pidas sardina fuera de temporada ou Todos los detectives se llaman Flanagan (continuación do anterior). De momento so merquei os dous primeiros, pero como estou segura de que me van gustar, logo caeran os dous últimos. Xa vos contarei que tal, e se vale a pena ler, ou esperar a que fagan a segunda parte do filme...

16/12/2008 13:03 Autor: Meris. enlace. Tema: Libros No hay comentarios. Comentar.

ACABARONSE OS Cd's

20081219095208-itrip.jpg

Sen cerciorarme ainda se cobrei o diñeiro das enquisas ou non, e como lle tiña moitas ganas, pois merqueino. Non me acordaba moi ben do que custaba, pero leveime unha grata sorpresa, xa que vale como 3 ou 4 Cd’s de música orixinais. Con todos os orixinais que teño, a saber cantos aparatiños de estos podia ter xa! O certo é que fai uns anos, antes de todo o rebumbio da SGAE mercaba bastantes discos orixinais. Agora non, pareceme un pouco abusivo o tema. Non me vou adentrar, porque me enfado.

Este emisor de FM, para os que non estedes familiarizados co tema, é moi facil de usar. Só necesitamos conectalo a calquera modelo de iPod e darlle a play. Buscar unha emisora na radio onde non sone nada e sintonizar o iTrip na mesma emisora. Ten un pequeniño inconvinte: que se vas facer unha viaxe larga as cadeas de radio van cambiando de emisora, co cal, hai que volver a buscar outra vacia....

19/12/2008 10:31 Autor: Meris. enlace. Tema: Tecnoloxia Hay 2 comentarios.

FESTAS GASTRONOMICAS

Din que o Nadal é unha festa familiar pero eu vexo mais como unha festa gastronomica. Antes de comezar os festivos, normalmente todos temos algunha cea de Nadal na empresa. (As que poño arriba, son deste sabado en A Golada, cos amigüitos) Despois chega a Noiteboa, cea en familia. Logo a comida do dia de Nadal, a cea de Fin de Ano, e no meu caso a comida do primeiro de ano (que celebramos o San Manuel). E claro, o dia de Reis, tamen se fai comida, que hai que acabar o turrón.

Por eso penso que mais que Festas en familia se lles poderia chamar reunións gastronomicas.

Pois eso, que FELICES FESTAS!

 

23/12/2008 11:42 Autor: Meris. enlace. Tema: Fotos Hay 2 comentarios.

FELIZ '09

Alá vai outro ano. Gustariame facer un resumo do que foi o 2008, pero mellor non, que igual vos aburro. Moitos bos momentos para resaltar, e algun que outro que seria mellor esquecer. 

E como mañan empezan as miñas vacacións, so me queda desexarvos un FELIZ ’09!!!

.

30/12/2008 14:04 Autor: Meris. enlace. Hay 1 comentario.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.