ACABARONSE OS Cd's

Sen cerciorarme ainda se cobrei o diñeiro das enquisas ou non, e como lle tiña moitas ganas, pois merqueino. Non me acordaba moi ben do que custaba, pero leveime unha grata sorpresa, xa que vale como 3 ou 4 Cd’s de música orixinais. Con todos os orixinais que teño, a saber cantos aparatiños de estos podia ter xa! O certo é que fai uns anos, antes de todo o rebumbio da SGAE mercaba bastantes discos orixinais. Agora non, pareceme un pouco abusivo o tema. Non me vou adentrar, porque me enfado.
Este emisor de FM, para os que non estedes familiarizados co tema, é moi facil de usar. Só necesitamos conectalo a calquera modelo de iPod e darlle a play. Buscar unha emisora na radio onde non sone nada e sintonizar o iTrip na mesma emisora. Ten un pequeniño inconvinte: que se vas facer unha viaxe larga as cadeas de radio van cambiando de emisora, co cal, hai que volver a buscar outra vacia....
Comentarios » Ir a formulario
![]()
Autor: marta
Fecha: 20/12/2008 18:05.
![]()
Autor: piti
Fecha: 21/12/2008 16:38.
















