CREPÚSCULO
A película deste fin de semana foi a de Crepúsculo. Estrearona o venres e xa coñezo a varias persoas que a foron ver, e teñen mais ou menos a mesma opinión ca min. O que aparenta no trailer (o video de arriba) é unha pelicula de vampiros tenebrosa, pero non é exactamente así.
Gustar, gustoume moito, xa que ainda que conta unha historia de amor, nada ten que ver cas peliculas romanticursis e empalagosas que cansan os 15 min. Ademais de que os protagonistas son guapos, hai mais cousas que me gustaron, como por exemplo a BSO, que ten algunha canción de Muse que a min xa me sonaba de algo...
A pelicula esta baseada nunha novela de Stephenie Meyer que forma parte de unha saga de catro libros, co cal deberiamos esperar algunha pelicula mais. Eu de momento xa sei o que vou pedir para reis ou o cumpreanos (se antes acabo de ler o libro que teño pendiente).
Comentarios » Ir a formulario
![]()
Autor: piti
Fecha: 09/12/2008 22:27.
















