MEME

Aquí estou de novo, despois de varios dias enferma e tirada na cama con febre, e ca gorxa ó vivo e con algo semellante a duas pelotas de golf na boca, sen publicar nin ler o correo nin nada. Aquí estamos outra vez...

Chegame via Dorvisou un Meme de seis praceres cotiáns. Esas cousiñas que facemos case todos os dias e non lles damos importancia.

1.- Ver unha boa película tirada no sofá tapada con unha manta mentras fora se escoita chover. Se pode ser acubillada no colo dun bo mozo, mellor.

2.- Conducir. E non me refiro o camiño que fago todos os dias para vir traballar, se non a subirme no coche e conducir varias horas eu soa, con un rumbo fixo, pero sen presa, escoitando música e pensando nas miñas cousas.

3.- Nadar. Tirarme na piscina sexa verán ou inverno e facer uns largos, desconectando de todo o que pasa fora da auga.

4.- Camiñar calquera tarde de outono, polo medio das follas caidas, arrastrando os pes coma os nenos pequenos.

5.- Ler un libro tirada na toalla unha tarde de verán a beira do mar. Ou sen que sexa verán, tamén me vale estar sentada nunhas pedras, con tal de ter como Banda Sonora o ruxir das olas.

6.- Unha caña cos amigos despois de traballar, mentras saboreamos unhas aceitunas e intentamos arranxar o mundo...

Agora pásolle o testigo se lles apetece, a Larissima, Piti, Kamino e Shun.

17/11/2008 11:23 Autor: Meris. enlace. Tema: BLOGS E WEBS.

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: Larissima

Moi boas esas cousas do dia a dia. En canto se me ocurran algunhas expoñoas eu tamen. Ainda que coincido nun par delas

Fecha: 17/11/2008 21:11.


gravatar.com
Autor: piti

estan ben e ank coincido nalgunhas tamen teño k decir k outras para min serian un suplicio

Fecha: 17/11/2008 22:44.



Autor: sr. kamino

pois koincido en varias kontigo!
iwal, eskoitar musika e pasar de todo o demais, sentarte a xogar un tute kos kolegas, un bo partido de tenis...
hai miles de kousas ke valen para deskonektar, e tes razon, moitas veces non lle damos a importancia ke teñen

Fecha: 18/11/2008 16:37.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.