ADEUS Ó CINE LALÍN

Este fin de semana lendo o periodico entereime de que o van tirar.  Eu sempre pensei que alguén se apiadaria e se restauraria para teatro ou algo polo estilo, pero non, mañan tirano.

Polo que teño entendido, mercouno Caixa Galicia, e ainda non averigüei o que van facer no sitio. No Faro de Vigo saeu unha nova en setembro na que falan da posibilidade de facer un auditorio ou trasladar unha das sucursais de dita entidade bancaria.

A min dame moita peniña, xa que según me teñen contado meus pais, foi o primeiro cine que pisei (mellor dito, creo que iba no colo) cando eles foron ver Superman. Teñenme contado que me puxen a chorar e miña nai tivo que sair conmigo para fora. Normal, con un aniño que debia ter, seguro que eran demasiadas cousas novas para asimilar. Tanto ruido e aquela pantalla tan grande na que saia un home voando...

Xa de mais maior volvín moitas veces. Gustabame moito esa sala enorme, comparada cas dos multicines de Santiago. Sacar a entrada no ventanuco aquel pequeno, cruzar a porta e ver aquelas filas de butacas azuis cos grupiños de xente pegados ós radiadores das paredes. Dabame a impresión de retroceder uns cuantos anos atrás.

Busquei algunha foto da inauguración (alá pola decada dos 50) pero non atopei ningunha. Só unha de cando estaban a construir o cine e discoteca Campos. Outro que tamén desapareceu.

Este fin de semana fixeronlle unha homenaxe-despedida polo que puiden ler na Voz de Galicia e na web de O Naranxo, con exposicións, música en directo e comida, e onte con unha sesión de contacontos.

 

14/10/2008 11:54 Autor: Meris. enlace. Tema: Cine.

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: larissima

A min sí que me da peniña. Alí vin a miña pelicula de disney co meu tito querido. Ainsss, todo desaparece

Fecha: 14/10/2008 19:24.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.