ARQUITECTURA
Hoxe levanteime con esta noticia. Xa sabedes o meu peculiar interese polo tema da arquitectura... Pois o arquitecto italiano David Fisher está construindo dous edificios xiratorios. Como podedes ver no video, cada un dos pisos pode estar orientado cara onde os seus habitantes queiran.
Esta noticia coincide co aniversario do nacemento de Gaudí, que tamén era unha das mentes previlexiadas para a sua época. Os que coñezades a sua obra estaredes de acordo conmigo... Aqui vos deixo unhas fotos de dous dos seus edificios de Barcelona. O primeiro a Pedrera ou casa Milá, impresionante por dentro e por fora, dende o primeiro piso ata os tellados; e o segundo a Sagrada Familia, (ainda sen rematar) visita obrigada da cidade, e que pode deixar sen palabras a calquera que pase por diante, ou entre e suba as torres.
![]()

Comentarios » Ir a formulario
Autor: sr kamino
unha kasa ke da voltas...
este non entrou na miña un sabado as tantas!
Fecha: 26/06/2008 11:25.
















