PORTOMARÍN

Xa sabedes que cando ven o bo tempo me gusta aproveitar para ir pasear por algun recuncho de Galicia. Este domingo tocoulle a Portomarín. A primeira vez que fun, debeu ser fai uns 15 anos e recordo que me agradou.
Portomarín naceu o lado dunha ponte romana que foi derruida e reconstruida na Idade Media. A vila que agora vemos é relativamente nova, xa que a antiga quedou debaixo do embalse de Belesar ala polos anos 60. Os veciños decidiron trasladar o pobo a ladeira de Monte do Cristo levandose literalmente algun monumento, como a igrexa-fortaleza. Marcaron as pedras unha por unha e subironas monte arriba. Nestes dias que o nivel do embalse está tan baixo, podemos cruzar o Miño de lado a lado pola ponte vella e pasear polas ruinas dos seus barrios, o de S Pedro e o de S Xoan, situados nas ribeiras do rio...
Aqui poderedes ver algunhas fotos antigas , de como era o pobo antes de ser anegado.
Comentarios » Ir a formulario
![]()
Autor: piti
Fecha: 13/02/2008 21:56.


















