ÉZARO

20080201113753-dsc03685.jpg

Pasear pola costa galega é un dos mellores regalos que lle podemos facer os nosos ollos. Sobre todo nos pobos mariñeiros que ainda non estan invadidos polo bum inmobiliario. Esta foto foi sacada no Ézaro, e sería de postal se poidesemos borrar as enormes tuberias que canalizan a auga dende a presa do rio Xallas ata a central eléctrica. Construida alá polos anos 80 convirteu o unico río de Europa que desemboca no mar en forma de fervenza, nun atractivo turistico so para os fins de semana. Dende aquela, abren as comportas os sabados e domingos pola mañan.

Se a esto lle sumamos os aeroxeneradores que "plantaron" no monte que se ve o fondo... quedome sen comentarios.

Pero a pesar de todo isto, podemos subir o mirador que hai preto da presa de Sta Uxia e divisar a ensenada e o pobo do Ézaro, o monte Pindo, a praia...

Unha paisaxe digna de ver.

01/02/2008 11:39

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: Thalita F. Sampaio

Ah...qué sitio belisimo!!! Aun no creo qué estuve ahí, me ha gustado muchisimo. Fue un de los paseos mas belos de mi vida..Gracias a ti por todo.

Bicos brasileños a ti.
Sds...

Fecha: 10/02/2008 17:47.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]