CAMPUS SUR

Unha estampa propia do inverno que estamos atravesando.
Eu persoalmente prefiro os dias de outono. Particularmente este paseo que vai por detrás do Colexio Maior Fonseca, cando as arbores quedan nuas e o chan se torna dunha cor marron. Ir paseando e darlle patadas as follas e sentir como cruxen.
Tamén é de admirar o traballo dos xardiñeiros do Campus que se pasan dias recollendoas para deixar todo limpiño como se aprecia aquí.
17/01/2008 09:46


















