CHOVE EN SANTIAGO

20080110164524-chove.jpg

Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ó sol.

Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.

Olla a choiva pol-a rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaido
soma e cinza do teu mar.

Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
ágoa da mañán anterga
trema no meu corazón.

web

Asi levamos varios dias de humidade e molladuras na cidade. Pero a choiva en Santiago é arte...

10/01/2008 16:28 Autor: Meris. mais. Tema: Fotos.

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: susolista

Deixa que chova, que ademais de quedarlle moi ben a esa pedra de Santiago, facía moita faltiña.

Fecha: 10/01/2008 18:52.


gravatar.com
Autor: O Raposo

Si, a choiva en Santiago é arte, ten maxia, aloumiña os sentidos, ten un recendo antigo que engaiola. Que chova, pois.
Fermoso blog. Volverei.
Apertas.

Fecha: 12/01/2008 00:57.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.